Amosando publicacións coa etiqueta vídeo chamada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeo chamada. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

COMPAÑEIROS E AMIGOS DE ESCOLA

Para realizar esta tarefa terás que pensar moito nos teus compañeiros e compañeiras. Xunt@s, ademais de despedir esta etapa, vivistes e compartistes moitas historias a través das que vos fostes coñecendo. Todos tedes cualidades e características que vos fan diferentes e especiais:

DIVERTIDA                                                         FALADOR
SIMPÁTICO
            XENEROSA
      RESPONSABLE

IMPACIENTE                                                              SINCERA

Escolle tres cualidades positivas que definan a cada un dos teus compañeiros. Pensa en cada un deles e escribe esas tres cousas que a todos nos gustan tanto e que o fan tan especial.
Non esquezas apuntar as tres características para cada un deles, mañá poderemos dicirlle a todos eles o especiais que son!

Unha aperta!

mércores, 27 de maio de 2020

VÉMONOS O VENRES

Lembra ter feitas estas actividades para o venres pola mañá, así podemos compartir todas as vosas ideas.
                                

Para a primeira proposta ides escribir unha oración por cada idea que teñades. As oracións teñen que conter preposicións e conxuncións, así que terán que dar  moita información, por exemplo: Podes utilizar dúas botellas de auga para facer pesas, aínda que non poderán estar baleiras.
Para facer a segunda actividade tes que pensar nalgún hobby ou pasatempo que non sexa moi habitual e inventar unha pequena historia. 

Ademais, non esquezas ler os primeiros capítulos do libro Los escarabajos vuelan al atardecer. 

E envía as fotos, desexos e anécdotas en canto os teñas. Quizáis o venres poidamos escoitar algunha desas anécdotas tan divertidas que tedes para contar. Preme na seguinte imaxe para non deixar nada atrás. 
Vémonos o venres.
Unha aperta.