Lembra ter feitas estas actividades para o venres pola mañá, así podemos compartir todas as vosas ideas.
Para a primeira proposta ides escribir unha oración por cada idea que teñades. As oracións teñen que conter preposicións e conxuncións, así que terán que dar moita información, por exemplo: Podes utilizar dúas botellas de auga para facer pesas, aínda que non poderán estar baleiras.
Para facer a segunda actividade tes que pensar nalgún hobby ou pasatempo que non sexa moi habitual e inventar unha pequena historia. Ademais, non esquezas ler os primeiros capítulos do libro Los escarabajos vuelan al atardecer.
E envía as fotos, desexos e anécdotas en canto os teñas. Quizáis o venres poidamos escoitar algunha desas anécdotas tan divertidas que tedes para contar. Preme na seguinte imaxe para non deixar nada atrás.
Vémonos o venres.
Unha aperta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario