Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2020

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Sodes artistas de verdade, e se tedes algunha dúbida, mirade canta creatividade hai nas vosas fotografías. 😵😊
Lembrade escribir en comentarios para deixar as vosas opinións e escoller as que máis vos gusten, podedes escoller varias! 😉

NOELIA 6ºC
ANA 6º B
SARA 6ºC

XOEL 6º B
ANDREA 6º C
BRAIS 6º B
JULIA 6º C
HUGO 6º B
Seguide enviando as fotos que fagades, seguro que nos seguides sorprendendo! 👌👌👌

EDUCACIÓN PLÁSTICA

A semana pasada empezamos cunha actividade fotográfica coa que estamos a descubrir verdadeiros talentos. Para seguir mellorando con esta habilidade imos continuar con ela, pero non esquezades ver estes dous enlaces para que as vosas fotos expresen todo iso que queredes contar con elas. Aquí atoparedes a regra dos terzos, xa veredes como vos é moi útil para as vosas fotos. Ademais, repasamos a importancia do punto de fuga para dar máis profundidade ás imaxes (coma nos debuxos de clase). 

                     COMPOSICIÓN                            PUNTO DE FUGA
                    

Non esquezades lelo antes de empezar a tirar fotos, unha por día, para aplicalo no voso traballo.

Bo semana!!!
Unha aperta.

venres, 22 de maio de 2020

CAMBIOS, ANÉCDOTAS E DESEXOS

A realidade que vivimos, o confinamento e o distanciamento social obrígannos a cancelar algunhas das actividades que realizamos na nosa vida diaria. Algunhas destas actividades, como a de quedar cos amigos ou xogar xuntos no patio, poderemos recuperalas cando todo isto volva á normalidade. Pero outras, como as saídas ou as celebracións de despedida, non se poderán facer. 
Este será o voso último curso no cole e, aínda que non poidamos xuntarnos todos para despedirnos, estou segura de que tedes moitas cousas que dicir. Por iso vos vou pedir 4 cousas:

1. Fotos. Crecestes moito desde que empezastes no cole ata hoxe, enviade fotos que o demostren! 
Ademais de enviar as vosas fotos para comprobar canto cambiastes, podedes enviar tamén fotos con algún compañeiro ou compañeira da clase.

2. Antes pensaba... Agora penso...
Co paso do tempo, as aprendizaxes e as vivencias que temos cada un de nós, as cousas non sempre se ven da mesma maneira. Seguro que vós mesmos algunha vez vos sorprendestes de algo que pensabades fai tempo porque agora pensades algo completamente diferente. Compartídeo con nós, seguro que moitos estamos dacordo con eses cambios!

3. Sempre recordarei...
Xa sei que son moitos anos de cole e que teredes moreas de historias e de anécdotas que contar, pero sempre hai algunha que recordamos cun cariño especial e que, seguramente, recordaredes sempre. Contade esas anécdotas con detalle, non vos deixedes nada atrás, queremos coñecelas!


4. Desexo
Dise que os desexos son o primeiro paso para que suceda algo. Buscade un dente de león e pedide un desexo, pero non esquezades compartilo con nós.


Se alguén ten algunha outra suxerencia, quere facer ou dicir algo, sabedes que son todo oídos. Enviádeme todas as vosas propostas, veremos que se pode facer. Aínda que sexa dende a casa, podemos facer que sexa un remate de curso ESPECIAL

Podedes enviar as vosas aportacións por correo ou entrar no Drive e cubrir o documento que preparei para iso, o seu nome é Cambios, anécdotas e desexos, está dentro do cartafol que se chama Profe.

Moitas grazas polo voso tempo!
Unha aperta moi forte!