luns, 8 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

MATEMÁTICAS

Para rematar co repaso de matemáticas, esta semana imos repasar os polígonos e calcular o perímetro e a área dalgúns deses polígonos.
POLÍGONOS 


ÁREA DE TRIÁNGULOS Y PARALELOGRAMOS

LENGUA CASTELLANA
  
Antes de nada, vamos a ver la actividad que esta semana nos propone la profe Noe.

Si, eso es, los objetos de la cocina tienen una función específica, pero... seguro que se os ocurren muchas utilidades diferentes a las habituales. Haced una lista con varios objetos y explicad para qué más podrían servir y cómo habría que utilizarlos.

Después vamos a inventar un cuento en el que aparezca alguno de estos objetos, pero antes, vamos a completar estas fichas, así nos será más fácil escribir el comienzo de nuestra historia.
Ahora sí, ya puedes empezar con tu historia. Fíjate en los comienzos que acabas de leer y ten en cuenta lo siguiente:
- Incorpora el marco.
- Añade detalles sobre los protagonistas.
- Decide qué utensilios de cocina aparecerán y dales un papel especial en la historia (no los nombres simplemente).
- Decide qué otros personajes aparecerán y escribe algún diálogo entre ellos.
- Imagina qué va a pasar, cuál será la acción de tu cuento.
- Elige un buen final.
- Haz un dibujo para ilustrar tu relato.


Para terminar con las tareas de lengua, lee este texto y contesta a las preguntas. Fíjate en cómo está redactado, quizás te sirva de ayuda para la biografía que tienes que escribir esta semana.
  
LINGUA GALEGA

Coñeces a Pablo Picasso?


Imos facer a súa biografía. Para iso, antes de nada, utiliza este organizador gráfico para apuntar a información importante que atopes sobre el (data e lugar de nacemento, familia, infancia, acontecementos importantes, obras...). 


Cando o teñas feito poderás redactar a súa biografía. Non esquezas separar a información en parágrafos e coidar a presentación do que escribes. Lembra que se trata dunha biografía, polo tanto os tempos verbais que empregaremos serán en pasado (non esquezas que en galego non existen os tempos compostos). Ao rematar, repasa a ortografía, os signos de puntuación e que as frases estean ben redactadas. 


Aquí atoparás actividades relacionadas co texto. Propóñoche que o último exercicio, o 12, o fagas coa situación actual que estamos a vivir, en lugar de facelo co de mudarte a outra cidade.  

CIENCIAS SOCIAIS

Como xa sabes, España viviu unha guerra civil no século XX. Nese mesmo século desenvolveuse o cubismo, un movemento artístico caracterizado pola descomposición da realidade en figuras xeométricas. Un dos líderes deste movemento, do cubismo, foi Pablo Picasso. A súa obra máis coñecida, O Guernica, ten un forte valor histórico e de denuncia xa que Picasso expresa con esta pintura o horror da guerra.


Imos analizar o cadro (cor, luz, espazo, que se representa, momento histórico...). Para que sexa máis doado, podes ver a páxina 120 do libro de texto e facer os exercicios do 1 ao 5. Se o precisas, busca información para analizalo.

CIENCIAS DA NATUREZA

Esta semana veremos os efectos que ten a calor sobre a materia. Para iso, le as páxinas 98 e 99 do libro de texto. Despois, fai un esquema e os exercicios 1 e 2. 
Cando remates poderás facer un pequeno experimento. No libro podes ver imaxes do experimento cun globo para comprobar a contracción. 

Que pasa se metemos unha botella de plástico no conxelador? Fai a proba, pon unha botella de plástico baleira, co tapón, no conxelador. Que sucede se a deixas no conxelador durante 5 ou 10 minutos? E se a deixas durante unha hora ou máis? Por que sucede isto?


EDUCACIÓN PLÁSTICA
Pica no seguinte enlace para descubrir a tarefa desta semana:

Ánimo e boa semana!
Unha aperta!

2 comentarios:

Curiosidades dixo...

hola profe el viernes podemos ir nosotros tambien al colegio para rebisar si lo llebamos todo

un saludo

EVA

profe dixo...

Ola Eva!
Si, podedes ir vós a buscar o material, non hai problema porque non entraremos no cole.
Unha aperta!