Amosando publicacións coa etiqueta 6ºB. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6ºB. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2020

TRABALLOS DOS COMPAÑEIROS DE 6º B

Hoxe comparten con nós o seu traballo de plástica uns compañeiros de 6º B. 
Hugo escolleu unha pintura de Claude Monet, Almiares. Escolleu moi ben as cores e os materiais, fixádevos que ben lle quedou! Moitas grazas por compartilo con nós Hugo!

Mirade que ben lle quedou esta réplica a José. Escolleu o cadro A noite estrelada, de Vicent Van Gogh, está xenial! Moitas grazas por compartilo con nós! 


E Brais escolleu unha obra de Vincent Van Gogh, Los girasoles. Para facelo empregou varias técnicas e o resultado final é fantástico. Moitas grazas por compartilo con nós!


Unha aperta!!!

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Este debuxo ofrece moita información, verdade? Sabemos de quen se trata, indícanos unha das súas facetas, recórdanos a importancia do galego para este autor ou o motivo polo que estamos a falar tanto del, entre outras cousas. 

Imaxe sacada da páxina web do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Agora que sabes tanto de Ricardo Carvalho Calero, escoita as palabras que escollen no seguinte vídeo para describilo. Selecciona aquilo que máis importante che pareza e fai un debuxo do autor que represente o que queres destacar del. 

Boa semana e moito ánimo!
Unha aperta!