Amosando publicacións coa etiqueta áreas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta áreas. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

MATEMÁTICAS

Para rematar co repaso de matemáticas, esta semana imos repasar os polígonos e calcular o perímetro e a área dalgúns deses polígonos.
POLÍGONOS 


ÁREA DE TRIÁNGULOS Y PARALELOGRAMOS

LENGUA CASTELLANA
  
Antes de nada, vamos a ver la actividad que esta semana nos propone la profe Noe.

Si, eso es, los objetos de la cocina tienen una función específica, pero... seguro que se os ocurren muchas utilidades diferentes a las habituales. Haced una lista con varios objetos y explicad para qué más podrían servir y cómo habría que utilizarlos.

Después vamos a inventar un cuento en el que aparezca alguno de estos objetos, pero antes, vamos a completar estas fichas, así nos será más fácil escribir el comienzo de nuestra historia.
Ahora sí, ya puedes empezar con tu historia. Fíjate en los comienzos que acabas de leer y ten en cuenta lo siguiente:
- Incorpora el marco.
- Añade detalles sobre los protagonistas.
- Decide qué utensilios de cocina aparecerán y dales un papel especial en la historia (no los nombres simplemente).
- Decide qué otros personajes aparecerán y escribe algún diálogo entre ellos.
- Imagina qué va a pasar, cuál será la acción de tu cuento.
- Elige un buen final.
- Haz un dibujo para ilustrar tu relato.


Para terminar con las tareas de lengua, lee este texto y contesta a las preguntas. Fíjate en cómo está redactado, quizás te sirva de ayuda para la biografía que tienes que escribir esta semana.
  
LINGUA GALEGA

Coñeces a Pablo Picasso?


Imos facer a súa biografía. Para iso, antes de nada, utiliza este organizador gráfico para apuntar a información importante que atopes sobre el (data e lugar de nacemento, familia, infancia, acontecementos importantes, obras...). 


Cando o teñas feito poderás redactar a súa biografía. Non esquezas separar a información en parágrafos e coidar a presentación do que escribes. Lembra que se trata dunha biografía, polo tanto os tempos verbais que empregaremos serán en pasado (non esquezas que en galego non existen os tempos compostos). Ao rematar, repasa a ortografía, os signos de puntuación e que as frases estean ben redactadas. 


Aquí atoparás actividades relacionadas co texto. Propóñoche que o último exercicio, o 12, o fagas coa situación actual que estamos a vivir, en lugar de facelo co de mudarte a outra cidade.  

CIENCIAS SOCIAIS

Como xa sabes, España viviu unha guerra civil no século XX. Nese mesmo século desenvolveuse o cubismo, un movemento artístico caracterizado pola descomposición da realidade en figuras xeométricas. Un dos líderes deste movemento, do cubismo, foi Pablo Picasso. A súa obra máis coñecida, O Guernica, ten un forte valor histórico e de denuncia xa que Picasso expresa con esta pintura o horror da guerra.


Imos analizar o cadro (cor, luz, espazo, que se representa, momento histórico...). Para que sexa máis doado, podes ver a páxina 120 do libro de texto e facer os exercicios do 1 ao 5. Se o precisas, busca información para analizalo.

CIENCIAS DA NATUREZA

Esta semana veremos os efectos que ten a calor sobre a materia. Para iso, le as páxinas 98 e 99 do libro de texto. Despois, fai un esquema e os exercicios 1 e 2. 
Cando remates poderás facer un pequeno experimento. No libro podes ver imaxes do experimento cun globo para comprobar a contracción. 

Que pasa se metemos unha botella de plástico no conxelador? Fai a proba, pon unha botella de plástico baleira, co tapón, no conxelador. Que sucede se a deixas no conxelador durante 5 ou 10 minutos? E se a deixas durante unha hora ou máis? Por que sucede isto?


EDUCACIÓN PLÁSTICA
Pica no seguinte enlace para descubrir a tarefa desta semana:

Ánimo e boa semana!
Unha aperta!

luns, 1 de xuño de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

MATEMÁTICAS
Lo último que vamos a repasar en matemáticas este curso son las figuras planas y las áreas. Esta semana la dedicaremos a:
- Figuras y ángulos.
- Medida de ángulos.
- Giros, traslaciones y simetrías.

RECTAS Y ÁNGULOS


 MEDIDA DE ÁNGULOS 
GIROS, TRASLACIONES Y SIMETRÍAS


LENGUA CASTELLANA

Esta semana vamos a ver los textos expositivos y los textos argumentativos.
Texto expositivo.
Este tipo de texto presenta hechos, ideas o conceptos de forma objetiva. Su finalidad es informar sobre temas de interés general para un público no especializado.
Texto argumentativo.
Pretende defender una idea o tesis u oponerse a ella. Suele redactarse de manera subjetiva. Su finalidad es convencer al receptor del tema elegido. Puede ser a favor o en contra de la idea.
  

Reciclar tiene sus ventajas, ¿verdad? Escribe un texto argumentativo sobre ellas. Recuerda la estructura:

       - Introducción: breve exposición del tema defendido. Debe  despertar el interés del lector.       

       - Desarrollo: aporta argumentos (datos, pruebas, opiniones y experiencias para explicar tu punto de vista.       

       - Conclusión: resume los argumentos expuestos.

No olvides utilizar conectores, aquí tienes ejemplos de varios que sirven para diferentes cosas:

 Ahora escribe un texto expositivo (del tema que quieras) que siga esta estructura. Para complicarlo, tendrás que incluir en él, al menos, cinco adverbios, cinco preposiciones y cinco conjunciones.

      - Introducción.      

      - Desarrollo: Divídelo en 2 o 3 párrafos, por lo menos, uno para cada idea que expongas en tu redacción.      

      - Conclusión.


LINGUA GALEGA

Non esquezas cubrir o documento do que falamos en semanas anteriores, aquí deixo o documento e o enlace coa explicación (esta será a última semana para poder entregalo).


Aquí tedes o texto desta semana, lédeo con atención e despois realiza as actividades.

CIENCIAS SOCIAIS

A semana pasada estivemos repasando os países da Unión Europea. Agora que sabes tanto, escolle un deses países e fai unha presentación sobre o mesmo. Segue os pasos 1, 2, 3 e 4 da páxina 132 do libro de texto.

CIENCIAS DA NATUREZA

Esta semana falaremos da materia:
- Diferentes formas nas que se presenta (substancias puras e mesturas).
- Tipos de mesturas (heteroxéneas e homoxéneas ou disolucións).
- Separación de mesturas (filtración, evaporación, destilación e decantación).

Antes de nada, le as páxinas 96 e 97 do libro de texto e fai un esquema coa información relevante.
Cando remates fai os exercicios 1 e 2 da páxina 97.

Despois entra na seguinte páxina e fíxate na separación de area e sal que fan. 

Estes son os pasos que seguen no experimento:

- Investigación previa.

- Hipótese.

- Experimento.

- Análise dos resultados e conclusión.

Busca en cal dos catro pasos din: "Para conseguir el objetivo se han usado 3 métodos de separación de mezclas: la decantación, la filtración y la evaporación".

Para rematar, realiza un dos seguintes experimentos. Non esquezas explicar o procedemento e as conclusións que obtiveches co experimento.

EDUCACIÓN PLÁSTICA
Esta semana a profe Noe tráevos unha nova proposta, aquí vos deixo o enlace.

Cando remates co teu ARTE-FACTO, poderás empezar co autorretrato. Aquí tes o enlace da entrada.

Moi boa semana!
Apertas!!!

luns, 25 de maio de 2020

SEMANA DO 25 AO 30 DE MAIO

MATEMÁTICAS
Esta semana remataremos o repaso das unidades de medida. Facede estes exercicios e os que tedes asignados para facer de forma interactiva no libro dixital. Cando rematedes, escollede unha habitación da vosa casa, medídea e facede un plano da mesma coas medidas das paredes, como fixo Pablo coa súa clase (podedes velo na seguinte imaxe).



LENGUA CASTELLANA
Esta semana empezamos nueva lectura. LOS ESCARABAJOS VUELAN AL ATARDECER.

También está en el Drive, en la carpeta que se llama profe. La traducción tiene algún error que otro, pero creo que os gustará. Esta semana solo tenéis que leer 8 capítulos para el viernes, así me contáis vuestras opiniones.
Además, siguiendo con el repaso de los diferentes tipos de texto, esta semana vamos a ver el texto expositivo.

ANIMALES EXTRAORDINARIOS

FLORA Y FAUNA DEL DESIERTO

  LINGUA GALEGA
Esta semana repasaremos as preposicións e conxuncións. 
1. Preme no título para acceder ao documento.
2. Entra nas actividades de repaso propostas máis abaixo.
3. Fai as actividades propostas pola profe Noe utilizando diferentes preposicións e conxuncións.

As preposicións son un grupo de palabras invariables que teñen como función servir de enlace entre outras palabras. Son preposicións: a, agás, ante, baixo, cabe, canda, con, contra, de, deica, dende, desde, en, entre, malia, mediante, menos, para, perante, por, segundo, sen, senón, sobre, tras...
  Algunhas preposicións poden contraerse cos artigos e cos demostrativos:

  
As conxuncións son un grupo de palabras invariables que permiten relacionar entre si palabras ou oracións. Serven para unir dúas ou máis oracións, para establecer relacións de contraposición, de explicación, etc. Tamén poden expresar relacións de causa, condición, comparación, etc.

Os tres tipos de  conxuncións máis habituais son:
As conxuncións copulativas, que expresan a idea de suma ou acumulación: e, mais, e mais, nin, que
As conxuncións disxuntivas, que expresan a idea de opción: ou
As conxuncións adversativas, que expresan a idea de oposición ou contraste: pero, senón, aínda que

No seguinte enlace tes actividades para repasar:
    



Entra no seguinte enlace para facer as tarefas que esta semana propón a profe Noe. Imos facer as dúas, a primeira con frases (unha frase por cada idea). E a segunda tarefa teredes que pensar nalgún hobbie disparatado e escribir unha pequena historia.
                                

Para a primeira proposta ides escribir unha oración por cada idea que teñades. As oracións teñen que conter preposicións e conxuncións, así que terán que dar  moita información, por exemplo: Podes utilizar dúas botellas de auga para facer pesas, aínda que non poderán estar baleiras.
Para facer a segunda actividade tes que pensar nalgún hobby ou pasatempo que non sexa moi habitual e inventar unha pequena historia. 
Lembra que nas dúas actividades tes que subliñar as preposicións (tamén en contraccións) e conxuncións que empregues. O venres poñémolas en común todos xuntos, seguro que se vos ocorren ideas xeniais!


CIENCIAS SOCIAIS
Coñecedes os países que forman a Unión Europea? No seguinte documento tedes algunhas curiosidades destes países. Lédeas e facede as actividades. Para facer as fichas dos países podedes empregar o Drive.
Emprega os mapas interactivos para estudar o mapa político de Europa.
     

CIENCIAS DA NATUREZA
Seguimos co repaso dos seres vivos. Esta semana imos ver algunhas relacións e tipos de ecosistemas, preme para ver o documento.

EDUCACIÓN PLÁSTICA
Fíxate na entrada anterior.

Moito ánimo e boa semana!
Unha aperta!

luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

MATEMÁTICAS
Esta semana imos repasar as unidades de medida de capacidade. Ocórresevos algunha receita que aprendestes nestes días na que usedes algunha medida de capacidade ou masa? Compartídea con nós e explicádenos como facedes para que vos saia tan rica!




LENGUA CASTELLANA
Esta semana vamos a trabajar con dos tipos de texto, los descriptivos y los instructivos. Fíjate en las diferencias:

TEXTO DESCRIPTIVO

TEXTO INSTRUCTIVO
Biblioteca de La Paz: El texto instructivo.

LINGUA GALEGA
Esta semana a profe Noe tráevos unha proposta que porá a proba o voso enxeño. Premede na imaxe para saber que tedes que facer. Lembrade telo feito para o venres pola mañá, así cada un de vós explicará como é o seu xogo na vídeo chamada que teremos ese día.


Para fabricar o taboleiro, as tarxetas, as fichas ou o que precisedes, podedes empregar material de refugallo. Cando teñades claro como se xoga é imprescindible que nos deixedes claras as regras do xogo. Para iso creade un novo documento no Drive (se non podedes facédeo no caderno) e escribide:
  • Nome do xogo
  • Número de xogadores
  • Material que se necesita para xogar (taboleiro, fichas, dados, tarxetas...).
  • Regras do xogo (como se xoga, quen gaña...).

CIENCIAS SOCIAIS
Esta semana imos repasar as Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas de España. Aquí tedes un documento con curiosidades que vos axudará a planificar unas divertidas vacacións polo noso país. Tédelo todo no pdf. Debaixo, e no menú lateral do blog, tedes o acceso a varias páxinas onde poderedes repasar os mapas de forma divertida.

Aquí tedes un mapa mudo para repasar as Comunidades Autónomas de España. Se non o podedes imprimir podedes facer un vós mesmos, atoparedes un mapa político de España na páxina 127 do libro de texto.
MAPAS INTERACTIVOS
                  

CIENCIAS DA NATUREZA
Esta semana imos repasar a clasificación dos seres vivos. Busca información e fai memoria:
- En que reino se clasifican os seres vivos?
- Cales son as características principais de cada un deses reinos?
- Pon exemplos de seres vivos para cada un dos reinos.
- A que reino pertencen os virus?
 

   

EDUCACIÓN PLÁSTICA
Esta semana imos traballar a imaxe e a fotografía. Buscade un bo encuadre para a vosa composición e enviade as vosas fotos.

INGLÉS
Tedes as tarefas de inglés no Blog de inglés. Non esquezades facer as desta semana e enviarllas ao correo englishbreycorner@gmail.com

Espero que teñades unha boa semana!
Unha aperta!