Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Seguen chegando os vosos traballos do día do libro. Hoxe Claudia envíanos a portada dun dos seus libros preferidos, a que está moi ben? Grazas por compartilo con nós, Claudia!

Seguide enviando os vosos traballos!
Unha aperta!

domingo, 26 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Seguides sorprendéndome! Que marabilla! 

"Un libro, unha imaxe"

Noelia e Andrea tamén vos desexan un feliz día do libro coas portadas que elas mesmas fixeron.

Noelia sorpréndenos cunha portada orixinal do libro Amigo imaxinario, de Stephen Chbosky. 

Andrea escolleu A invasión dos ladróns de retretes, de Dav Pilkey.

Déixame que che conte 

Xa temos a primeira historia contada con libros!!! 😵😀😉 Andrea cóntanos a súa historia e rétavos a que fagades o mesmo! Animádevos!
Seguide compartindo!
Unha aperta!

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase, dende fai 90 anos, o día do libro. Escolleuse esta data para celebralo en conmemoración polo falecemento de autores famosos como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
É unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.

Este ano temos que celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño dúas opcións. Escollede unha delas e enviádeme o voso traballo para poder subilo ao blog. Estou segura de que saíran ideas xeniais!

1ª Opción: "Déixame que che conte" 
Seguro que na túa casa hai unha morea de libros. Colle todos os que necesites e inventa unha historia utilizando os títulos dos libros seleccionados. Aquí tes un exemplo para facerte unha idea, ti podes cambiar e engadir todo o que precises. 
2ª Opción: "Un libro, unha imaxe"
A que hai portadas de libros que enamoran? Algúns libros teñen portadas e ilustracións tan orixinais que recordamos sempre. Busca a portada dese libro que tanto che gustou (se non o tes na casa podes buscar a imaxe da portada en internet) e intenta facer a súa réplica. Pode ser un debuxo ou unha foto, o que prefiras!

Non esquezades que no blog da biblio tedes unha morea de recomendacións lectoras dos vosos compañeiros do cole. Tamén podedes enviar as vosas recomendacións.
Estou desexando ver os vosos traballos!
Unha aperta!