Amosando publicacións coa etiqueta diario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diario. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2020

PRECEPTOS

Lembrades os preceptos do señor Browne, do libro La lección de August?

PRECEPTOS = REGRAS SOBRE COUSAS QUE SON REALMENTE IMPORTANTES

 O precepto do señor de Browne de setembro é:

CANDO POIDAS ELIXIR ENTRE TER RAZÓN OU SER AMABLE, ELIXE SER AMABLE

 Propóñovos que escribades os vosos propios preceptos no voso diario, e o significado que ese preceto ten para vós. 

Eu vou compartir o meu tamén. Estamos vivindo unha situación descoñecida para todos, pero algo que estamos aprendendo e que non debemos esquecer é:

XUNTOS PODEMOS FACER GRANDES COUSAS

Aquí tedes un vídeo que serve como exemplo, espero que vos guste!

Se queredes compartie os vosos xa sabedes, escribídeos en comentarios ou mandádemos por mail (clasesolpor18@gmail.com).

Unha aperta para todos!

xoves, 2 de abril de 2020

Solución do desafío

Comparto a imaxe da solución. Algunhas de vós xa a escribistes nos comentarios pero, por se queda alguén despistado... aquí podedes vela.



O desafío non era fácil pero descubristes moi rápido a solución. Seguide así, xa veredes que por moi difícil que sexa a situación, vós tedes as ferramentas necesarias para saír dela! 

Moito ánimo e unha aperta enorme!


mércores, 1 de abril de 2020

PARA PENSAR...

Que vos parece un desafío para loitar contra o aburrimento?

Como vedes, esta suma non é correcta, pensade como facer para que o sexa. Só podedes engadir unha liña recta. Non se pode engadir nada máis que iso, nin quitar nada do que hai. 

Escribide as vosas respostas en comentarios, non esquezades poñer tamén o voso nome.

Apertas!

domingo, 29 de marzo de 2020

Wonder. La lección de August.

Espero que esteades aproveitando os días de confinamento para ler moito! Esta é a maneira de viaxar que temos agora mesmo e axudaranos a pasar mellor os días.

Para empezar coas actividades do libro de Wonder. La lección de August, propóñovos que debuxedes a August no voso diario, a ver como vos imaxinades que será. Ademais, podedes escribir brevemente como credes que se sentiría el en todo momento.

Despois ides facer unha ficha sobre vós mesmos. Pensade ben as respostas, así poderemos coñecernos un pouco máis. As preguntas son as seguintes:

Como son eu?

    Wonder. La lección de August
  1. Son...                                                    
  2. Gústame...
  3. Non me gusta...
  4. Odio...
  5. Non me gustan as persoas...
  6. Gústame facer...
  7. Non me gusta facer...
  8. Enfádome cando...
  9. Preocúpome cando...
  10. Son o/a mellor en...
  11. Estou orgulloso/a cando...
  12. Gústame a miña mellor amiga porque...
  13. Gústame o meu mellor amigo porque...




Mandádeme unha foto dos vosos debuxos e colgareinos no blog para compartilos. Podedes subilos ao Google Drive ou mandar unha foto ao correo: clasesolpor18@gmail.com

Moito ánimo e unha aperta!!!


mércores, 25 de marzo de 2020

Día da poesía

O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Que vos parece se incluídes no diario o poema que inventastes vós esta semana?

Ademais, propoño que poñades en marcha a vosa creatividade para continuar este poema de Antonio García Teijeiro, que aparece no libro Palabras do mar.

Unha
    mentira

     As troitas van polo mar
e as baleas, polo río.
 As sereas na montaña
   collen neve para o frío.


Esta é unha imaxe do libro, Palabras do mar, da páxina onde aparece o poema, de Antonio García Teijeiro, e a ilustración que Xosé Tomás fixo. 

Non esquezades acompañar os vosos poemas de ilustracións que estean relacionadas cos vosos poemas.

Moito ánimo, xa queda menos!

luns, 23 de marzo de 2020

Imos poñer o enxeño a proba!

Como ides co voso diario???

Para seguir con ese diario tan creativo propóñovos un reto para exercitar esas cabeciñas... a ver quen descobre cal é a solución!

Recordade que, ademais de escribir o desafío no diario, podedes compartir a solución en comentarios, a ver quen o descobre primeiro!

DUN SOLO TRAZO


Como se pode reproducir esta figura sen levantar o lapis nin pasar dúas veces polo mesmo sitio?




venres, 20 de marzo de 2020

DIARIO DE ACTIVIDADES

Botando de menos a escola? Desexando ter tarefas 

para ocupar tanto tempo libre?


Propóñovos que desde hoxe ata que volvamos á escola, vaiades facendo un diario de actividades das diferentes materias.

Prepara un caderno con folios dobrados e cartolina ou un folio de cor para a portada, a cal terás que decorar. Cando xa teñas o caderno  preparado, poderás comezar.

Empezamos con lingua castelá.
Pon a data: 20 de marzo, 2020
Entra en MUNDO PRIMARIA.
Nas pestanas superiores, entra en: adiviñanzas -adiviñanzas familia.

Escolle  unha, escríbea no teu diario e tenta encontrar a solución.
A continuación inventa ti outra. Nas dúas escribe a solución de xeito que non se vexa( do revés, tapada...)
Segue nas pestanas  superiores e entra en: refráns- refráns sobre os meses do ano e tempo metereolóxico. Colle marzo e abril, elixe un de cada mes e escríbeo.
Explica o seu significado e fai unha ilustración.
Analiza os verbos dun dos refráns(consulta o libro para poñer correctamente o tempo).
Xa tes a primeira folla do diario!

 Coidádevos moito. Unha aperta.