martes, 2 de xuño de 2020

VISITAMOS O INSTITUTO!

Como xa sabedes, a visita ao instituto quedou cancelada pola situación actual que estamos a vivir. Pero iso non vai impedir que o coñezades, porque Elvira, a orientadora do instituto, atopou a maneira de que poidades facer unha visita virtual á vez que xogades para saber máis cousas sobre o instituto. Non vos parece xenial?
Tedes que entrar no xogo interactivo. Ao rematar o xogo atoparedes unha enquisa que tedes que cubrir. Podedes entrar no xogo dende o blog do departamento de orientación do cole:

  
Ou pinchando directamente no enlace ao xogo. 
 
 

Espero que vos guste!

Ningún comentario: