Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2020

Creamos?

Propóñovos un reto. Buscade un cadro que vos guste moito e intentade facer a súa réplica. Hai moitas posibilidades.

Aquí tedes un vídeo do museo Thyssen que vos di como facer un debuxo con texturas ao estilo La casa giratoria, 1921, de Paul Klee.
 

Este é un collage da pintura El Balandrito, 1909, de Joaquin Sorolla.

Este outro é un collage do cadro Jarrón con doce girasoles, 1889, de Vicent Van Gogh. 

 

Podedes escoller calquera cadro, non esquezades dicirnos o seu título, ano de creación e autor. E podedes escoller a técnica que queirades. Enviade fotos dos resultados para poder gozar das vosas obras.
Ánimo e apertas!

domingo, 15 de marzo de 2020

Guía visual do Museo do Prado

Que vos parecería ir de museos? Grazas a iniciativas como esta do Museo do Prado, estes días teremos acceso a algúns dos museos máis importantes.

Neste enlace tedes acceso ao Museo do Prado. Non vos perdades algunhas das obras comentadas, unha delas é As Meninas, de Velázquez.

Espero que vos guste!


                                                    Guía visual do Museo do Prado