Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

MÁIS EXPERIMENTOS E CIRCUÍTOS

Seguen a chegar fotos e vídeos dos vosos traballos. Son fantásticos, que ilusión poder velos! 
Claudia e Xián tamén se animaron a compartir con nós os seus circuítos e os seus experimentos de magnetismo, están xenial!!!
Moitas grazas rapaces!!!





Compartide sempre! Lembrade que tamén podedes deixar as vosas opinións en comentarios. Seguro que as vosas compañeiras e compañeiros o agradecen.
Unha apaerta!

venres, 3 de abril de 2020

PRECEPTOS

Lembrades os preceptos do señor Browne, do libro La lección de August?

PRECEPTOS = REGRAS SOBRE COUSAS QUE SON REALMENTE IMPORTANTES

 O precepto do señor de Browne de setembro é:

CANDO POIDAS ELIXIR ENTRE TER RAZÓN OU SER AMABLE, ELIXE SER AMABLE

 Propóñovos que escribades os vosos propios preceptos no voso diario, e o significado que ese preceto ten para vós. 

Eu vou compartir o meu tamén. Estamos vivindo unha situación descoñecida para todos, pero algo que estamos aprendendo e que non debemos esquecer é:

XUNTOS PODEMOS FACER GRANDES COUSAS

Aquí tedes un vídeo que serve como exemplo, espero que vos guste!

Se queredes compartie os vosos xa sabedes, escribídeos en comentarios ou mandádemos por mail (clasesolpor18@gmail.com).

Unha aperta para todos!

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades complementarias

Nos blogs das aulas hai actividades e recursos para traballar os contidos das diferentes materias:


-          (6ºA) xanelaazul.blogspot.com

-          (6ºC) solpor-belferpi.blogspot.com

       

Podedes consultar outras entradas do blog e atoparedes recursos diferentes:


- vídeo cunha explicación para facer unha lanterna na casa

- vídeo para facer un taboleiro cun circuito eléctrico

- visita interactiva ao Museo do Prado

Para os que queirades seguir traballando, a app ACADEMONS permítevos traballar todos os temas de primaria no móbil ou tablet.