Amosando publicacións coa etiqueta historias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historias. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

HOBBIES PARA NON ABURRIRNOS!

Aquí temos algunha idea divertida para pasar o tempo. Mirade que historias nos traen hoxe Paula, Sara e Olympia, alguén máis se anima a compartir as súas?
PAULA
Como xa sabemos, Sppinna é un ser moi hóstil e, por esa razón, como non lle gustan os seres vivos, nin  animais nin plantas,  o seu “Hobbie” é arrincar flores.

Todos os días, cando sae da súa cova, vai buscando novas flores para destrozalas e que non queden a súa vista.
Cada vez ten que ir máis lonxe porque apenas quedan flores na zona onde ela vive.

As flores que arrinca vainas amontoando e  arrodeas coas súas espiñas para convertelas en cinzas,  sen que quede rastro delas.
SARA
O outro día a miña nai comproume unha rá e a chamei Croac. Era unha 
 rá súper bonita, un chisco máis bonita que esta pero parécese moito.

 

Gústame xogar con ela, metela no estanque… pero o que máis me gusta é levala a pasear cunha correa pola rúa. (Que quede claro que isto é unha historia porque a min as rás, sapos… danme un pouco de repelús)

QUE CONTENTA ESTOU COA MIÑA RÁ !!!!!! 

OLYMPIA

HISTORIA: Pasear a un gato 

O outro día quería ir á rúa, pero só podían saír persoas que tiñan que ir a mercar, a levar comida aos maiores ou para pasear á súa mascota. Eu teño unha mascota e unha gatiña que ten un ano e chámase Coco. Entón ocurríuseme unha idea, ía ir a pasear a Coco. Ela ten un arnés especial para gatos pero fai moito que non o utilizaba, pero eu collín o arnés e púxenllo. Como estaba acostumada a estar libre non lle fixo moita gracia e intentaba quitalo, pero eu collín unha das súas chuches favoritas, o chourizo, e dinlle un pouquiño. Cando xa estaba máis tranquila collina no colo e baixei á rúa, xa ves, Coco alucinando con todo o que vía, tíñalle medo aos coches, ás persoas… A todo menos aos cans grandes, cando pasaba o dono co seu can ou a súa cadela Coco quería xogar, entón o can púxose a xogar con ela e por un pelo casi lle morde. Os cans non o fan con mala intención, pero ao xogar fan dano sen quierer. Entón cada vez que pasaba por un can ou unha cadela tiña que collela no colo. 

domingo, 26 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Seguides sorprendéndome! Que marabilla! 

"Un libro, unha imaxe"

Noelia e Andrea tamén vos desexan un feliz día do libro coas portadas que elas mesmas fixeron.

Noelia sorpréndenos cunha portada orixinal do libro Amigo imaxinario, de Stephen Chbosky. 

Andrea escolleu A invasión dos ladróns de retretes, de Dav Pilkey.

Déixame que che conte 

Xa temos a primeira historia contada con libros!!! 😵😀😉 Andrea cóntanos a súa historia e rétavos a que fagades o mesmo! Animádevos!
Seguide compartindo!
Unha aperta!

venres, 17 de abril de 2020

ESCRITURA CREATIVA

Hoxe é Andrea quen comparte con nós a súa historia. Non deixedes de lela, Rubén, o protagonista, viaxa para ir de vacacións. Nós non podemos saír da casa (de momento), así que aproveitamos para acompañalo na súa viaxe.
Moitas grazas por animarnos o día Andrea!

Ánimo, que xa é venres!
Unha aperta!

xoves, 16 de abril de 2020

ESCRITURA CREATIVA

Lembrades a proposta que vos fixen para tirar os dados e escribir unha historia?
Noelia animouse a escribir unha e a compartila con nós. É unha historia moi bonita, cun final moi feliz. A min gustoume moito a frase na que di que:
"tardou en darse conta de que o era"
Moitas veces tardamos en darnos conta de moitas cousas boas que temos! Non esquezades dicirlle aos demais todo o bo que teñen e que tanto vos gusta deles, xa veredes que emocións tan bonitas provocades nos demais!
Moitas grazas Noelia!!! 
Non deixes de escribir historias tan bonitas!
Unha aperta!

luns, 6 de abril de 2020

VIAXAMOS?

Como estamos confinados na casa e non podemos viaxar... a mellor maneira de explorar novos mundos é lendo e escribindo. Si!!! Podemos inventar historias en lugares extraordinarios e con personaxes fantásticas, que vos parece? 
Convídovos a que escribades as vosas historias. Só tedes que tirar os dados, inventar unha historia coas seis imaxes que vos toquen e mandar a historia ao mail (clasesolpor18@gmail.com) ou subila ao Drive para que todos poidamos "viaxar" esta semana.
Veña! Quen é @  primeir@ en tirar os dados? 


Xa estou impaciente por recibir as vosas historias!!! Unha aperta!!!