Amosando publicacións coa etiqueta paseo diario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paseo diario. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

UN PASEO, UNHA IMAXE

Esta semana, para facer a actividade de Educación Plástica, necesitarás unha cámara fotográfica (ou un móbil co que poidas tirar fotos) e as lentes da creatividade para o teu paseo diario. 

            CÁMARA FOTOGRÁFICA                          LENTES
Ilustración de cámara, material de niña de dibujos animados, niño ...  
                       Imaxe sacada de https://www.pngwing.com/es/free-png-nchwz

As imaxes son moi importantes nas nosas vidas. Están en todas partes: películas, debuxos, xogos, publicidade, redes sociais... Vemos imaxes a diario que nos dan información de sucesos, de obxectos, estados de ánimo... Así que esta vez seredes vós os encargados de retratar a realidade tal e como vós a vedes ou tal e como a vós vos gustaría vela: unha imaxe bonita, unha paisaxe relaxante, unha mensaxe oculta... 

 
                                     https://nl.pinterest.com/gabtaiman         https://www.mimorelia.com/que-forma-tienen-las-nubes/

  
   http://www.momes.net/Blog/Des-dessins-dans-les-nuages      https://www.pinterest.es/pin/401242648044172449/          https://camaradefotos.pro/fotos-creativas/

                             
https://mejorconsalud.com/17-trucos-para-darle-un-nuevo-uso-a-muchos-de-tus-objetos-cotidianos/        https://www.pinterest.com.mx/pin/322500023311888478/

Para sacar a vosa creatividade a pasear non esquezades sacar as lentes de traballo que tanto usades na casa e poñer as vosas lentes especiais, esas que tedes gardadas para velo todo de forma máis divertida e orixinal. Cando atopedes a imaxe que queredes compartir con nós tirade a foto e listo! 

Lembrade:
1º. Levade unha cámara de fotos cando saiades da casa.
2º. Poñede unhas lentes especiais para a creatividade. Xa sabedes que a actitude é fundamental.
3º. Buscade unha imaxe que vos guste, que vos pareza interesante, que vos transmita algo, unha mensaxe oculta nalgún lugar...
Tirade unha foto cada día e ao final da semana enviádemas para poder compartilas. Seguro que recibe moitos Me gusta!

                                            @fotos_pajaros

Aquí vos deixo unha canción de Coldplay, Up & up, cun vídeo clip cargado de imaxinación, con moitas imaxes que transmiten grandes desexos e nas que se mezcla o real coa ilusión. Espero que vos guste! 

Unha aperta!