Amosando publicacións coa etiqueta libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de abril de 2020

Escarlatina

Fai unhas semanas fixestes unha portada para o libro Escarlatina, a cociñeira defunta. 
Aquí vos deixo a de Opal, que lle quedou xenial! Tamén compartiu con nós o resumo e a súa opinión. 
Moitas grazas Opal, encántanos ver os vosos traballos!

Seguide compartindo! 
Unha aperta!

domingo, 5 de abril de 2020

Que lemos?

Se vos apetece ler aquí tedes 10 propostas en galego. Só precisades unha tablet ou ordenador para descargar o libro que escollades.

Que teñades bo domingo.
Unha aperta!

luns, 30 de marzo de 2020

Auggie

Aquí vos deixo as primeiras imaxes que temos dos vosos debuxos. Está xenial compartilos, así podemos comprobar que non todos o vemos igual.

Andrea e Claudia, moitas grazas por compartir os vosos traballos, encántanme! 



Lembrade que podedes compartir o que queirades. Mandádemo ao mail clasesolpor18@gmail.com e subireino ao blog.

Grazas rapazas!!!



domingo, 29 de marzo de 2020

Wonder. La lección de August.

Espero que esteades aproveitando os días de confinamento para ler moito! Esta é a maneira de viaxar que temos agora mesmo e axudaranos a pasar mellor os días.

Para empezar coas actividades do libro de Wonder. La lección de August, propóñovos que debuxedes a August no voso diario, a ver como vos imaxinades que será. Ademais, podedes escribir brevemente como credes que se sentiría el en todo momento.

Despois ides facer unha ficha sobre vós mesmos. Pensade ben as respostas, así poderemos coñecernos un pouco máis. As preguntas son as seguintes:

Como son eu?

    Wonder. La lección de August
  1. Son...                                                    
  2. Gústame...
  3. Non me gusta...
  4. Odio...
  5. Non me gustan as persoas...
  6. Gústame facer...
  7. Non me gusta facer...
  8. Enfádome cando...
  9. Preocúpome cando...
  10. Son o/a mellor en...
  11. Estou orgulloso/a cando...
  12. Gústame a miña mellor amiga porque...
  13. Gústame o meu mellor amigo porque...




Mandádeme unha foto dos vosos debuxos e colgareinos no blog para compartilos. Podedes subilos ao Google Drive ou mandar unha foto ao correo: clasesolpor18@gmail.com

Moito ánimo e unha aperta!!!