Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
martes, 23 de xuño de 2020
DESPEDIDA
A profe Antía envía este vídeo para despedirse de vós. Tamén o podedes ver no seu blog de música.
Moreas de apertas!
mércores, 17 de xuño de 2020
TAREFA DE MÚSICA
Xa tedes no blog a última tarefa de música do curso. Non perdades máis tempo que isto chega ao final!
Preme na imaxe para ver a tarefa no blog de música ou entra desde o enlace que atoparás no documento, o que prefiras!
Unha aperta!
Preme na imaxe para ver a tarefa no blog de música ou entra desde o enlace que atoparás no documento, o que prefiras!
Unha aperta!
mércores, 10 de xuño de 2020
TAREFA DE MÚSICA
Se che gustan os retos, esta semana tes un que superar! Non perdas máis tempo, entra no blog de música e... libera a profe xaaaa!!!
Unha aperta!
mércores, 3 de xuño de 2020
TAREFAS DE MÚSICA
Aquí tedes as tarefas de música para esta semana. Non esquezades enviar os vosos traballos ao correo da profe Antía (musicanocole98@gmail.com)
Tamén podedes entrar no blog de música e así aproveitades para botarlle unha ollada aos vídeos tan chulos que a profe Antía prepara cos vosos traballos.
Unha aperta!
mércores, 27 de maio de 2020
TAREFAS DE MÚSICA
Ola rapaces! Aquí tedes as tarefas de música para esta semana, premede na imaxe se queredes velas no blog da profe Antía.
Non esquezades enviarlle os vosos traballos ao seu correo (musicanocole98@gmail.com)
Unha aperta!
mércores, 20 de maio de 2020
TAREFAS DE MÚSICA
Esta é a actividade de música para esta semana, A MÚSICA DA MIÑA FAMILIA. Premede na imaxe para vela no blog da pofe Antía.
É unha actividade chulísima, estou desexando ver os vosos traballos! Xa sabedes que tedes ata o próximo mércores para entregala. Así que, mans á obra!
Unha aperta!
É unha actividade chulísima, estou desexando ver os vosos traballos! Xa sabedes que tedes ata o próximo mércores para entregala. Así que, mans á obra!
mércores, 13 de maio de 2020
TAREFAS DE MÚSICA
Xa tedes aquí as tarefas de música para esta semana! Premede na seguinte imaxe e poderedes ver o documento da profe Antía.
Lembrade que tedes toda a semana porque a profe Antía envía as tarefas os mércores, así que animádevos a enviarlle os vosos traballos para que vexa o moito que traballades!
Unha aperta!
Algunhas compañeiras de clase xa lle enviaron as súas tarefas de semanas anteriores. Se tedes dificultades para adxuntar os vosos documentos ou vídeos nos correos cando os queredes enviar, invítovos a que vexades un titorial de como facelo que preparou a profe. Tédelo no seu blog, lembrade que tedes o acceso directo ao blog de música arriba de todo, á dereita.
Unha aperta!
xoves, 7 de maio de 2020
MÚSICA DE RECICLAXE
Xa tedes aquí as tarefas de música para esta semana! Premede na seguinte imaxe e poderedes ver o documento da profe Antía.
Moitas apertas!
mércores, 29 de abril de 2020
MÚSICA
Como van esas tarefas de música? Tedes o enlace á paxina da profe Antía no lado esquerdo do blog, para que o teñades a man. Por se alguén de vós ten dificultades para entrar nesta páxina, a profe enviaranos todas as semanas as tarefas que tedes que facer, para que ninguén se despiste.
Ela adoita poñer as tarefas os mércores, non os luns, así que seguide atentos ás entradas do blog. Xa sabedes que todos os días hai algunha novidade!
Aquí tedes o documento coas actividades desta semana!

luns, 20 de abril de 2020
SAÚDOS DA PROFE ANTÍA
Tod@s @s profes temos moitas ganas de saber como estades e como levades este confinamento, que sabemos que é duro.
A profe Antía envíavos unha mensaxe e invítavos a que lle enviedes tamén algunha cousiña.
Animádevos! Estamos desexando ter noticias vosas!
Unha aperta de todo o profesorado!
A profe Antía envíavos unha mensaxe e invítavos a que lle enviedes tamén algunha cousiña.
Unha aperta de todo o profesorado!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)