Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

EXPERIMENTAMOS COAS MESTURAS

Moit@s de vós puxestes en práctica os experimetos das mesturas da semana pasada.

Sara mesturou plástico, aceite, cáscaras, cacahuetes e papel nunha botella de auga e despois realizou varios procesos de separación de mesturas, adiviñades cales? 



Andrea e Xián quixeron coñecer a cantidade de ferro que hai nos cereais que almorzan cada mañá. Andrea está contenta co resultado, aínda que di que a partícula é tan pequena que non se aprecia bben na foto. Aínda que Xián, por máis que o intentou, non conseguiu ver o ferro. Xa sabedes que o importante dos experimentos é interpretar os resultados e comprobar se as nosas hipóteses eran acertadas ou non. Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 
        




Moitas grazas por compartir os vosos traballos con nós!
Unha aperta!

xoves, 16 de abril de 2020

CIRCUÍTOS

Seguen chegando cicuítos, e todos diferentes... canta creatividade!
Grazas Paula e Sara por compartir con nós o voso traballo, están xenial!

   
Seguide compartindo! Xuntos, o confinamento lévase mellor!
Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

Monarcas do século XIX

Acábanme de avisar que hai un erro nas tarxetas que tedes para completar a información dos monarcas. Está repetida a curiosidade de Fernando VII e non aparece a de Carlos IV, que sería a seguinte: 
Desculpade as molestias, foi un erro meu ao poñer a información.

Xa recibín a foto dalgunhas tarxetas e están moi ben... vexo que estades traballando un montón. Seguide así!

Unha aperta!

luns, 13 de abril de 2020

MÁIS EXPERIMENTOS E CIRCUÍTOS

Seguen a chegar fotos e vídeos dos vosos traballos. Son fantásticos, que ilusión poder velos! 
Claudia e Xián tamén se animaron a compartir con nós os seus circuítos e os seus experimentos de magnetismo, están xenial!!!
Moitas grazas rapaces!!!





Compartide sempre! Lembrade que tamén podedes deixar as vosas opinións en comentarios. Seguro que as vosas compañeiras e compañeiros o agradecen.
Unha apaerta!

EXPERIMENTO

Lembrades o experimento con magnetismo que vos propuxen fai unhas semanas? 
Andrea atreveuse a facelo e compartiu con nós unha foto que o demostra.
O paxaro rosa está a facer a función da agulla. Andrea di que lle saiu o experimento e que o que máis lle costou foi facer o barco.
O esforzo valeu a pena Andrea! Moitas grazas por compartir!
Unha aperta!

CIRCUÍTOS

Esta vez é Eva quen comparte con todos nós o seu circuíto, e faino cunha foto e cun vídeo onde podemos ver como funciona. Está xenial! 
Moitas grazas por compartir Eva!
 
Seguide compartindo, está xenial ter novas vosas!
Unha aperta!

xoves, 9 de abril de 2020

CIRCUÍTOS

Seguen a chegar os vosos circuítos... que ganas de velos funcionando todos xuntos no cole!

Esta vez é Noelia quen comparte con nós o seu traballo. Tivo unha axuda magnífica, pero ela deixou a súa pegada... é un circuíto tan personalizado que só con velo recórdanos a ela. Está xenial! Moitas grazas Noelia por compartir con nós o teu traballo! 

Seguide compartindo os vosos traballos!
Unha aperta!

venres, 3 de abril de 2020

Máis circuítos

Seguen chegando imaxes do moito que estades traballando na casa... mirade que circuíto fixo David! 
Xa sabedes que para facer os circuítos precisamos a colaboración dun adulto, e David está moi agradecido pola axuda que tivo. Moitas grazas aos dous, estamos desexando velo no cole para saber como funciona!
Seguide compartindo! 

mércores, 1 de abril de 2020

CIRCUÍTOS

Que ilusión nos fai ver os vosos traballos. Aquí tedes o primeiro circuíto, é unha pasada, menudo traballazo! 

Andrea, eres unha artista! 



E este é o seu coello, mirade que chulo tamén! 

Animádevos a seguir compartindo os vosos traballos, entre todos este confinamento lévase mellor! 

Unha aperta!






domingo, 15 de marzo de 2020

Circuítos electricos

Aquí tedes un par de videos que vos axudarán na elaboración do voso circuíto eléctrico.

Como facer unha pequena lámpada ou lanterna

                                         
Circuíto eléctrico sinxelo

Lembrade que podedes facer o circuíto que queirades, estas son só algunhas ideas!