Amosando publicacións coa etiqueta Wonder. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Wonder. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

MÁIS TRABALLOS

Fai tempo que me chegaron estes traballos de Paula e pensei que xa os subira ao blog, pero como podedes ver, non o fixera!
Paula, moitas grazas por compartilos con nós. Están xenial e sería unha pena que non os puidesen ver tod@s.

No debuxo de Wonder, como podedes ver, non só aparece Auggie. Que vos parece a visión de Paula dos demais personaxes? Tamén os imaxinabades así?
E aquí tedes a súa portada de Escarlatina e o resumo que fixo do libro. Non deixedes de lelo, é un bo resumo da historia. 

Seguide compartindo os vosos traballos.
Unha aperta!

venres, 3 de abril de 2020

PRECEPTOS

Lembrades os preceptos do señor Browne, do libro La lección de August?

PRECEPTOS = REGRAS SOBRE COUSAS QUE SON REALMENTE IMPORTANTES

 O precepto do señor de Browne de setembro é:

CANDO POIDAS ELIXIR ENTRE TER RAZÓN OU SER AMABLE, ELIXE SER AMABLE

 Propóñovos que escribades os vosos propios preceptos no voso diario, e o significado que ese preceto ten para vós. 

Eu vou compartir o meu tamén. Estamos vivindo unha situación descoñecida para todos, pero algo que estamos aprendendo e que non debemos esquecer é:

XUNTOS PODEMOS FACER GRANDES COUSAS

Aquí tedes un vídeo que serve como exemplo, espero que vos guste!

Se queredes compartie os vosos xa sabedes, escribídeos en comentarios ou mandádemos por mail (clasesolpor18@gmail.com).

Unha aperta para todos!

mércores, 1 de abril de 2020

Menudos artistas!

Estades traballando moitísimo... así o demostran as fotos, cada vez chegan máis!Moitas grazas Noelia, Claudia, Sara e David por compartir os vosos traballos, están xenial!

                                   NOELIA                                           SARA

DAVID                                        CLAUDIA           

                                             

Por favor, seguide animándovos a compartir os vosos traballos!
Unha aperta enorme!

martes, 31 de marzo de 2020

Xa chega a pascua!

Só queda unha semana para que chegue a Pascua e xa temos o primeiro coello de Pascua, aínda que este sen mensaxe. Animádevos a compartir as vosas obras, temos moitas ganas de velas!

Aquí tedes a de Mauro, está xenial! Moitas grazas por compartila con nós Mauro!


E non esquezades tamén compartir os vosos debuxos de August, este tan chulo é o de Eva. Moitas grazas Eva, está xenial!



luns, 30 de marzo de 2020

Auggie

Aquí vos deixo as primeiras imaxes que temos dos vosos debuxos. Está xenial compartilos, así podemos comprobar que non todos o vemos igual.

Andrea e Claudia, moitas grazas por compartir os vosos traballos, encántanme! 



Lembrade que podedes compartir o que queirades. Mandádemo ao mail clasesolpor18@gmail.com e subireino ao blog.

Grazas rapazas!!!



domingo, 29 de marzo de 2020

Wonder. La lección de August.

Espero que esteades aproveitando os días de confinamento para ler moito! Esta é a maneira de viaxar que temos agora mesmo e axudaranos a pasar mellor os días.

Para empezar coas actividades do libro de Wonder. La lección de August, propóñovos que debuxedes a August no voso diario, a ver como vos imaxinades que será. Ademais, podedes escribir brevemente como credes que se sentiría el en todo momento.

Despois ides facer unha ficha sobre vós mesmos. Pensade ben as respostas, así poderemos coñecernos un pouco máis. As preguntas son as seguintes:

Como son eu?

    Wonder. La lección de August
  1. Son...                                                    
  2. Gústame...
  3. Non me gusta...
  4. Odio...
  5. Non me gustan as persoas...
  6. Gústame facer...
  7. Non me gusta facer...
  8. Enfádome cando...
  9. Preocúpome cando...
  10. Son o/a mellor en...
  11. Estou orgulloso/a cando...
  12. Gústame a miña mellor amiga porque...
  13. Gústame o meu mellor amigo porque...




Mandádeme unha foto dos vosos debuxos e colgareinos no blog para compartilos. Podedes subilos ao Google Drive ou mandar unha foto ao correo: clasesolpor18@gmail.com

Moito ánimo e unha aperta!!!