Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de abril de 2020

CANTA CREATIVIDADE!

Xa vedes que deste confinamento tamén van saír cousas boas... 

Polo que vexo estades aproveitando para explotar a vosa creatividade. Que marabilla de debuxos!!! 

Parabéns Noelia!


Non deixedes de compartir! 
Apertas!!!

martes, 31 de marzo de 2020

Xa chega a pascua!

Só queda unha semana para que chegue a Pascua e xa temos o primeiro coello de Pascua, aínda que este sen mensaxe. Animádevos a compartir as vosas obras, temos moitas ganas de velas!

Aquí tedes a de Mauro, está xenial! Moitas grazas por compartila con nós Mauro!


E non esquezades tamén compartir os vosos debuxos de August, este tan chulo é o de Eva. Moitas grazas Eva, está xenial!



luns, 30 de marzo de 2020

Auggie

Aquí vos deixo as primeiras imaxes que temos dos vosos debuxos. Está xenial compartilos, así podemos comprobar que non todos o vemos igual.

Andrea e Claudia, moitas grazas por compartir os vosos traballos, encántanme! 



Lembrade que podedes compartir o que queirades. Mandádemo ao mail clasesolpor18@gmail.com e subireino ao blog.

Grazas rapazas!!!



mércores, 25 de marzo de 2020

Día da poesía

O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Que vos parece se incluídes no diario o poema que inventastes vós esta semana?

Ademais, propoño que poñades en marcha a vosa creatividade para continuar este poema de Antonio García Teijeiro, que aparece no libro Palabras do mar.

Unha
    mentira

     As troitas van polo mar
e as baleas, polo río.
 As sereas na montaña
   collen neve para o frío.


Esta é unha imaxe do libro, Palabras do mar, da páxina onde aparece o poema, de Antonio García Teijeiro, e a ilustración que Xosé Tomás fixo. 

Non esquezades acompañar os vosos poemas de ilustracións que estean relacionadas cos vosos poemas.

Moito ánimo, xa queda menos!