Amosando publicacións coa etiqueta tarefas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tarefas. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2020

MÚSICA

Como van esas tarefas de música? Tedes o enlace á paxina da profe Antía no lado esquerdo do blog, para que o teñades a man. Por se alguén de vós ten dificultades para entrar nesta páxina, a profe enviaranos todas as semanas as tarefas que tedes que facer, para que ninguén se despiste.

Ela adoita poñer as tarefas os mércores, non os luns, así que seguide atentos ás entradas do blog. Xa sabedes que todos os días hai algunha novidade!

Aquí tedes o documento coas actividades desta semana!




Unha aperta!

luns, 27 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Que tal vai todo por aí? Espero que coas pequenas saídas que podedes facer agora o esteades a levar mellor. Aínda que non sexa suficiente, ánimo que xa estamos máis cerca!

Esta semana é algo máis curta así que imos organizar ben o traballo que temos que facer. 

1º. Envieivos a revisión das tarefas aos que mas enviastes, mirade o correo e abride o documento co voso nome. Revisade as actividades con calma, corrixide o que sexa necesario e, se tedes dúbidas, preguntádeme o que precisedes.
Os que traballades en Drive tedes que ver as revisións no propio documento e corrixir aí mesmo o que sexa preciso.

2º. A finais da semana pasada subín ao blog un documento cun pequeno traballo para ir facendo. Se aínda non tivestes tempo, podedes empezar por facer este pequeno repaso. Aquí vos deixo o enlace para velo. Cando o teñades feito enviádemo ao correo.


3º. Empezade coas tarefas que vos propoño para esta semana.

MATEMÁTICAS
Esta semana poreime en contacto con vós para facer exercicios de matemáticas e seguir repasando.

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA
Agora que fixemos un repaso polos aparatos eléctricos e electrónicos, é o teu turno para que poñas o teu enxeño a proba. Pensa nun obxecto ou aparato que aínda estea sen inventar e que ti consideres necesario para os nosos días. Convéncenos de que de verdade sería moi útil ter algo así nas nosas vidas. Para iso:
          1. Ponlle un nome.
          2. Explica como é, que pezas o forman, como funciona e para que serve.
          3. Escribe unha noticia que comece así:
Un alumn@ do CEIP Bouza Brey, en Ponteareas, na provincia de Pontevedra, acaba de inventar un aparato revolucionario. Trátase de... 

CIENCIAS DA NATUREZA
Fai o exercicio 3 da páxina 117 e os exercicios 3 e 4 da páxina 118.

CIENCAS SOCIAIS
En España, no século XIX, produciuse  a Revolución Industrial, lembrádesvos? Isto supuxo grandes cambios na economía e na sociedade deste século.
Para repasar, podedes volver a ler a páxina 100 e contestar ás preguntas de Traballa coa imaxe.

PLÁSTICA
Xa fixeches a tarefa de lingua galega desta semana? Xa inventaches un novo obxecto e queres que todo o mundo desexe telo na súa casa? Fai o seu debuxo, como si se tratase dunha fotografía para un cartel publicitario. Non esquezas usar regra e compás e darlle cor.

INGLÉS
Estas son as tarefas de inglés para esta semana. Non esquezades enviarllas á profe Elena cando as teñades. A súa dirección de correo electrónico é: englishbreycorner@gmail.com
Moito ánimo! Esta semana temos un día máis de descanso!
Unha aperta!

luns, 20 de abril de 2020

TAREFAS DESTA ÚLTIMA SEMANA

Moit@s de vós enviástesme as actividades desta semana. Deste xeito puiden ver o voso traballo e se tivestes dificultades ou non. Isto axúdame moito porque así podo saber que cousas facedes mellor e cales temos que seguir repasando. Como aínda non teño o traballo de tod@s vós, comparto as tarefas de vari@s compañeir@s para que tod@s poidades corrixir as vosas actividades.
Xa sabedes que podedes preguntar as vosas dúbidas e, por favor, enviádeme os vosos traballos para saber de vós. 

MATEMÁTICAS
 


LINGUA GALEGA

Tiñádelo ben? Pois non esquezades poñer un ben xigante!
Máis abaixo tamén tedes as tarxetas dos monarcas con toda a información.

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades para realizar do 16 ao 21 de marzo (6º)


MATEMÁTICAS (6ºA e 6ºC)

- Actividades das páxinas 162 e 163 (consultar temas anteriores).

LINGUA CASTELÁ (6ºA e 6ºC)

1. Escribe a entrevista que lle farías a unha persoa que admiras pola súa profesión. Esta entrevista incluirá:
    • Unha presentación da persoa: onde naceu, cando... e ademais explicar as razóns polas que a queres entrevistar.
    • As preguntas da entrevista e unha despedida agradecéndolle a súa amabilidade.
2. Elaborar unha portada para o libro:
    • O caarteiro de Bagdad. (6º A)
    • Escarlatina, a cociñeira defunta. (6º C)
3. Un resumo de dez liñas e a túa opinión sobre o libro (destacando algo que che gustou especialmente e algo que non che agradou).

LINGUA GALEGA (6ºA e 6ºC)

1. Lectura do libro:
    • O aromo do liquidámbar (6ºA)
    • Wonder. La lección de August (6º C)
2. Elaboración da ficha dun animal invertebrado, incluíndo os seguintes apartados:
    • Título
    • Nome en galego, castelán, inglés e francés
    • Identificación (descrición)
    • Especies de animais similares
    • Hábitat
    • Imaxe/Foto
3. Recolle titulares de noticias relacionadas co COVID-19, incluíndo a data. Vainas pegando para facer un seguimento.

CIENCIAS SOCIAIS (6ºA e 6ºC)

1. Esquema do arte contemporáneo e busca de imaxes representativas de edificios e cadros desa época para cada un dos diferentes estilos (consultar as páxinas 102 e 103 do libro de texto).

2. Facer unha presentación en Google Drive.

CIENCIAS DA NAUREZA (6ºA, 6ºB e 6ºC)

1. Lectura das páxinas 114 e 115 do libro de texto.

2. Construir un circuíto eléctrico seguindo as instrucións da páxina 116.