Amosando publicacións coa etiqueta materias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta materias. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2020

Martes 14 de abril

Benvidos e benvidas ao terceiro trimestre!

Espero que empecedes con moitas ganas e moito ánimo. Lembrade que xa queda menos, así que imos poñer todo da nosa parte para levalo o mellor posible... Estádelo a facer xenial!
Aquí vos deixo traballo para estes días. Enviádeme foto ao correo cando vaiades rematando (clasesolpor18@gmail.com).

MATEMÁTICAS

Suceso  seguro, posible e imposible

Una experiencia al azar, aleatoria, es aquella en la que no sabemos que resultado vamos a obtener.
Cada uno de los posibles resultados de una experiencia aleatoria se llama suceso. Puede ser:
- Suceso seguro: siempre ocurre.
- Suceso posible: puede darse el resultado que esperamos o no.
- Suceso imposible: nunca ocurre el resultado que esperado.

En la siguiente imagen tenéis un enlace para practicar.

Para seguir repasando podéis leer la página 154 y hacer los ejercicios 19, 20, 21, 22 y 24 del libro de texto. 

Probabilidad de los sucesos

Dentro de los sucesos posibles vamos a distinguir:
- Suceso igual de probable: es aquel resultado que tiene la misma posibilidad que los demás (por ejemplo, cuando lanzamos una moneda, el suceso "cara" tiene las mismas posibilidades que el suceso "cruz").
- Suceso muy probable: es aquel resultado que tiene muchas posibilidades de darse (por ejemplo, en una bolsa con 100 bolas, 98 rojas y 2 verdes, el suceso "sacar una bola roja" tiene muchas probabilidades de ocurrir).
- Suceso poco probable: es aquel resultado que tiene muy pocas posibilidades de darse (por ejemplo, en una bolsa con 100 bolas, 98 rojas y 2 verdes, el suceso "sacar una bola verde" tiene pocas probabilidades de ocurrir).

Practica en el siguiente enlace:


LENGUA CASTELLANA
  •  Lectura del texto de la unidad 8 del libro de texto: Versos viajeros
  • Ejercicios de la página 124 y 125, hasta el 11.

LINGUA GALEGA
  • Palabras con b (páx. 130, ex. 1 e 2 ) e palabras con v (páx. 131, ex. 3).
  • Na seguinte imaxe tes un enlace a una páxina web con exercicios. Fai o exercicio 6 (ditado) e o 7 (primeiro le todas as palabras. Despois escolle tres parellas de palabras e escribe tres oracións, unha oración por cada parella de palabras).

  
CIENCIAS SOCIAIS
  •  Reis e raíñas de España do século XIX: rematade as tarxetas e enviádeme foto. Lembrade que tedes que ler a información que vén no libro para completalas (da páxina 96 á 99). 
CIENCIAS DA NATUREZA
  • Circuítos eléctricos: moitos de vós xa compartistes os vosos circuítos. Os que non enviastes foto ou vídeo aínda podedes facelo.
  • Representación gráfica do voso circuíto: teñen que aparecer os compoñentes que utilizastes e o circuíto que fixestes. Podedes volver a ler as páxinas 114, 115 e 116; aí tedes a información que necesitades. Cando a teñades enviade unha foto. 
EDUCACIÓN PLÁSTICA
  • Escollede un cadro que vos guste moito e facede a súa réplica.
Podedes escoller calquera cadro, non esquezades dicirnos o seu título, ano de creación e autor. E podedes escoller a técnica que queirades. Enviade fotos dos resultados para poder gozar das vosas obras.

Na seguinte entrada propóñovos algúns exemplos con collage.



Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
Moito ánimo, xa queda menos.
Un saúdo e unha forte aperta!

luns, 30 de marzo de 2020

Semana do 30 de marzo ao 5 de abril

Actividades para realizar esta semana.

MATEMÁTICAS

- Repaso de gráficos estatísticos: exercicios da páxina 151.
- Media, moda, mediana e rango: páxina 152 e páxina 153.
- Para repasar os contidos deste tema podedes botarlle un ollo aos seguintes vídeos e facer estes exercicios:





LENGUA CASTELLANA

- Repaso de los tiempos verbales de las tres conjugaciones, tanto en indicativo como en subjuntivo.
- Preposiciones y conjunciones: ejercicios de las páginas 128 y 129.
- Formación y definición de nombres y adjetivos: página 130 (1 y 2) y página 131 (5, 6 y 7).
- Describe este cuadro de Goya:

 Ten en cuenta:
    • Anota los elementos del paisaje y de los personajes con dos adjetivos o características cada uno.
    • Agrúpalos y haz frases.
    • Ordena las frases, haz una introducción y un final (tu valoración personal), añade nexos y conectores.

LINGUA GALEGA

- Repasa os pronomes persoais. Cales son? Cantas formas hai? 
- Explica a colocación dos pronomes átonos e fai un cadro cos casos nos que cambia de posición. Pon un exemplo de cada un. Podes repasalos na páxina 81.
- Lectura da unidade 8 (Vén polo vento) e exercicios das páxinas 124 e 125.
- Inventa un diálogo disparatado relacionado coa primavera:
    • Recorda introducir as frases de cada personaxe cunha raia.
    • Aclara ao final da frase quen fala, sen repetir sempre o mesmo verbo (dicir, contestar, preguntar, berrar, aclarar...)
    • Fai unha ilustración.

CIENCIAS SOCIAIS

- Esta semana imos continuar descubrindo cales foron os monarcas que gobernaron en España no século XIX.
- Recordades o vídeo da semana pasada?  Volvo poñer o enlace aquí para que o volvades ver si queredes.

- Tamén teredes que ler as páxinas: 96, 97, 98 e 99 do libro de texto e así poderedes axudarme coa actividade que vos propoño no seguinte documento. Completade as tarxetas no voso caderno, quedarán xenial! Se tedes impresora e queredes imprimir, recortar e pegar as tarxetas tamén vale. 

Reis e raíñas de España do século XIX


CIENCIAS DA NATUREZA


  • EXPERIMENTO CON MAGNETISMO

Como xa tedes os circuítos eléctricos feitos, imos ver o apartado de magnetismo. Para iso propóñovos o seguinte:

   - Lectura das páxinas 110 e 111 do libro de ciencias da natureza.
   - Exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 111.
   - Realización do experimento que vos propoñen no seguinte vídeo.

Estaría xenial que fixésedes unha fotografía aos vosos experimentos (e aos vosos circuítos) e a compartísedes por Google Drive ou as enviásedes por mail (clasesolpor18@gmail,com), así poderiamos subilas ao blog.



Moito ánimo coas tarefas desta semana. Lembrade que xa queda menos e que a próxima semana poderedes descansar!

Unha aperta moi forte!

luns, 23 de marzo de 2020

Semana do 23 ao 27

Actividades para realizar esta semana:

  • Matemáticas
- Exercicios da páxina 164
  • Lingua Castelá
a) Inventa un poema:
     - Terá entre seis e dez versos.
     - Os versos serán de cinco ou seis palabras.
     - Con algún tipo de rima (non todos os versos teñen que rimar).
     - Inclúe algún recurso literario dos que vimos (personificación, comparación, metáfora, repetición)
     - O tema do poema é libre, podes escribir sobre: a primavera, as flores, o campo...

b) Repaso da gramática do tema 8, palabras con b e palabras con v, e exercicios das páxinas 126 e 127.

c) Remata a lectura do libro de Wonder. La lección de August.
  • Lingua Galega
a) Inventa un conto. Utiliza o binomio fantástico: curuxa / orquestra. Ten en conta que debe ter tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace. Non esquezas separar as partes en diferentes parágrafos. Se podes escribir o conto en Google Drive, podes incluír o deseño da portada e insertar algunha imaxe ou debuxo. Se non podes usar un ordenador podes facer o mesmo no caderno, con debuxos feitos por ti.

b) Lectura do texto da unidade 7 e exercicios das páxinas 108 e 109.

c) Repaso da gramática do tema 7.
  • Ciencias da Natureza
- Crea un texto instrutivo do circuíto eléctrico que ti creaches. Tes un exemplo na páxina 116 do libro de texto. Debes incluír:
     - Material necesario.
     - Elaboración do circuíto.
     - Opinión e colaboracións (quen me axudou).
     - Esquema/bosquexo do circuíto.
  • Ciencias Sociais
- Fai o comentario de texto da páxina 104, actividades 1, 2 e 3 (individualmente).
  • Educación Plástica
- Entra no seguinte enlace para ver como se fai un coelliño de Pascua.


Despois fai o teu propio coello de Pascua, decórao e escribe unha dedicatoria. Se podes facerlle unha foto e subila ao Drive, publicarémola no blog.

Vémonos pronto!!! Unha aperta.

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades para realizar do 16 ao 21 de marzo (6º)


MATEMÁTICAS (6ºA e 6ºC)

- Actividades das páxinas 162 e 163 (consultar temas anteriores).

LINGUA CASTELÁ (6ºA e 6ºC)

1. Escribe a entrevista que lle farías a unha persoa que admiras pola súa profesión. Esta entrevista incluirá:
    • Unha presentación da persoa: onde naceu, cando... e ademais explicar as razóns polas que a queres entrevistar.
    • As preguntas da entrevista e unha despedida agradecéndolle a súa amabilidade.
2. Elaborar unha portada para o libro:
    • O caarteiro de Bagdad. (6º A)
    • Escarlatina, a cociñeira defunta. (6º C)
3. Un resumo de dez liñas e a túa opinión sobre o libro (destacando algo que che gustou especialmente e algo que non che agradou).

LINGUA GALEGA (6ºA e 6ºC)

1. Lectura do libro:
    • O aromo do liquidámbar (6ºA)
    • Wonder. La lección de August (6º C)
2. Elaboración da ficha dun animal invertebrado, incluíndo os seguintes apartados:
    • Título
    • Nome en galego, castelán, inglés e francés
    • Identificación (descrición)
    • Especies de animais similares
    • Hábitat
    • Imaxe/Foto
3. Recolle titulares de noticias relacionadas co COVID-19, incluíndo a data. Vainas pegando para facer un seguimento.

CIENCIAS SOCIAIS (6ºA e 6ºC)

1. Esquema do arte contemporáneo e busca de imaxes representativas de edificios e cadros desa época para cada un dos diferentes estilos (consultar as páxinas 102 e 103 do libro de texto).

2. Facer unha presentación en Google Drive.

CIENCIAS DA NAUREZA (6ºA, 6ºB e 6ºC)

1. Lectura das páxinas 114 e 115 do libro de texto.

2. Construir un circuíto eléctrico seguindo as instrucións da páxina 116.