a) Inventa un poema: - Terá entre seis e dez versos. - Os versos serán de cinco ou seis palabras. - Con algún tipo de rima (non todos os versos teñen que rimar). - Inclúe algún recurso literario dos que vimos (personificación, comparación, metáfora, repetición) - O tema do poema é libre, podes escribir sobre: a primavera, as flores, o campo... b) Repaso da gramática do tema 8, palabras con b e palabras con v, e exercicios das páxinas 126 e 127. c) Remata a lectura do libro de Wonder. La lección de August.
Lingua Galega
a) Inventa un conto. Utiliza o binomio fantástico: curuxa / orquestra. Ten en conta que debe ter tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace. Non esquezas separar as partes en diferentes parágrafos. Se podes escribir o conto en Google Drive, podes incluír o deseño da portada e insertar algunha imaxe ou debuxo. Se non podes usar un ordenador podes facer o mesmo no caderno, con debuxos feitos por ti. b) Lectura do texto da unidade 7 e exercicios das páxinas 108 e 109. c) Repaso da gramática do tema 7.
Ciencias da Natureza
- Crea un texto instrutivo do circuíto eléctrico que ti creaches. Tes un exemplo na páxina 116 do libro de texto. Debes incluír: - Material necesario. - Elaboración do circuíto. - Opinión e colaboracións (quen me axudou). - Esquema/bosquexo do circuíto.
Ciencias Sociais
- Fai o comentario de texto da páxina 104, actividades 1, 2 e 3 (individualmente).
Educación Plástica
- Entra no seguinte enlace para ver como se fai un coelliño de Pascua.
Despois fai o teu propio coello de Pascua, decórao e escribe unha dedicatoria. Se podes facerlle unha foto e subila ao Drive, publicarémola no blog.
Vémonos pronto!!! Unha aperta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario