Amosando publicacións coa etiqueta autorretratos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autorretratos. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2020

AUTORRETRATOS

Aquí están os vosos autorretratos! Son unha marabilla, e algúns identifican moi ben ao seu dono. 

Como vedes, esta vez non teñen o nome de quen os fixo, porque así podemos comprobar se se parecen aos seus donos ou non. Fixádevos ben neles e despois cubride a enquisa que tedes ao final. A ver cal é o autorretrato con máis acertos!


   

 
   
 


Estás preparad@? Pica na seguinte imaxe e participa na enquisa!


Nun par de días direivos como van os resultados.
Unha aperta!

luns, 1 de xuño de 2020

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Esta semana faredes o voso autorretrato reciclado. Lede con atención para facer ben a actividade.

HANOCH PIVEN                
                    
Para Hanoch Piven a creatividade é mirar algo desde outro punto de vista. Este artista fai retratos de famosos empregando obxectos e materiais de refugallo. Mirade este vídeo onde explica como traballa e onde atoparedes consellos interesantes para facer o voso retrato reciclado. Está en inglés, pero podedes velo cos subtítulos activados en español, xa veredes que paga a pena. 


Despois de ver o vídeo, mirade os pasos que tedes que seguir para facer a actividade desta semana. 

1º. Recollida de material que teñas na casa e queiras reciclar ou reutilizar. Poden ser obxectos e materiais como: cartón, papel, plásticos, teas, botóns, pequenos obxectos...

2º. Elaboración da lámina a partir de cartón e debuxo do contorno do retrato que vas a realizar.

3º. Pinturas para o fondo, mellor si é témpera, rotulador ou ceras.

4º. Adhesión de obxectos para crear texturas.

5º. Cando remates fai unha pequena explicación do autorretrato realizado (materiais e técnicas empregadas, que destacarías do autorretrato, por que te representa, dificultades coas que te atopaches, como te sentiches ao facelo...).

Aquí tedes algún exemplo de retratos feitos por alumnos de 1º da ESO.


Espero que desfrutedes e o pasades ben facendo esta actividade. Estou desexando ver os vosos autoretratos, estou segura de que serán xeniais!
Apertas!