Sara fixo un dinosaurio-piñata. Primeiro fixo a forma con cartolina, globos e rolos de papel hixiénico. Despois envolveuno con papel de periódico e cola. E cando secou pintouno e pegoulle os detalles que vedes na foto final. Pero dentro gardou algunhas chuches para que tivese sorpresa. Estou segura de que o seu primo está moi feliz con este novo xoguete!!!
SARA
Julia ideou unha lechuza que lle quedou así de ben. Para facela empregou moi poucos materiais: unha pedra, papel de cociña e pintura para darlle vida. O resultado final está xenial, como se nota que se lle da ben iso de pintar e debuxar!!!
JULIA
E estes son os que enviaron Andrea, Xián e Lara. Que vos parece? Todos feitos material de refugallo!
ANDREA
XIÁN LARA
Moitas grazas por compartir os vosos traballos con nós.
Xa sabedes, se alguén máis quere compartir o seu traballo aínda está a tempo de facelo.
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario