luns, 8 de xuño de 2020

EXPERIMENTAMOS COAS MESTURAS

Moit@s de vós puxestes en práctica os experimetos das mesturas da semana pasada.

Sara mesturou plástico, aceite, cáscaras, cacahuetes e papel nunha botella de auga e despois realizou varios procesos de separación de mesturas, adiviñades cales? 



Andrea e Xián quixeron coñecer a cantidade de ferro que hai nos cereais que almorzan cada mañá. Andrea está contenta co resultado, aínda que di que a partícula é tan pequena que non se aprecia bben na foto. Aínda que Xián, por máis que o intentou, non conseguiu ver o ferro. Xa sabedes que o importante dos experimentos é interpretar os resultados e comprobar se as nosas hipóteses eran acertadas ou non. Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 
        




Moitas grazas por compartir os vosos traballos con nós!
Unha aperta!

Ningún comentario: