Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

MÁIS TRABALLOS

Fai tempo que me chegaron estes traballos de Paula e pensei que xa os subira ao blog, pero como podedes ver, non o fixera!
Paula, moitas grazas por compartilos con nós. Están xenial e sería unha pena que non os puidesen ver tod@s.

No debuxo de Wonder, como podedes ver, non só aparece Auggie. Que vos parece a visión de Paula dos demais personaxes? Tamén os imaxinabades así?
E aquí tedes a súa portada de Escarlatina e o resumo que fixo do libro. Non deixedes de lelo, é un bo resumo da historia. 

Seguide compartindo os vosos traballos.
Unha aperta!

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase, dende fai 90 anos, o día do libro. Escolleuse esta data para celebralo en conmemoración polo falecemento de autores famosos como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
É unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.

Este ano temos que celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño dúas opcións. Escollede unha delas e enviádeme o voso traballo para poder subilo ao blog. Estou segura de que saíran ideas xeniais!

1ª Opción: "Déixame que che conte" 
Seguro que na túa casa hai unha morea de libros. Colle todos os que necesites e inventa unha historia utilizando os títulos dos libros seleccionados. Aquí tes un exemplo para facerte unha idea, ti podes cambiar e engadir todo o que precises. 
2ª Opción: "Un libro, unha imaxe"
A que hai portadas de libros que enamoran? Algúns libros teñen portadas e ilustracións tan orixinais que recordamos sempre. Busca a portada dese libro que tanto che gustou (se non o tes na casa podes buscar a imaxe da portada en internet) e intenta facer a súa réplica. Pode ser un debuxo ou unha foto, o que prefiras!

Non esquezades que no blog da biblio tedes unha morea de recomendacións lectoras dos vosos compañeiros do cole. Tamén podedes enviar as vosas recomendacións.
Estou desexando ver os vosos traballos!
Unha aperta!

NOVAS IDEAS

Xa estás fart@ de estar na casa sen saber que facer? Pois hoxe Olympia tráevos algunhas ideas que vos axudarán a pasar estes días de confinamento, que poden chegar a ser moi aburridos se non sabemos en que empregar o tempo.

O primeiro é un debuxo da paisaxe que pode ver desde o seu balcón.
O segundo é unha flor feita con papel de seda.
O terceiro é un debuxo-bodegón.
O cuarto é un anatifaz.
 

O primeiro vídeo é un debuxo máxico de Gardfield e no segundo amósanos como funciona o seu muíño de vento.

Non vos parece fantástico? Seguro que tod@s tedes ideas diferentes e igual de divertidas que estas que nos propón Olympia, así que non o penses máis e compárteas con nós!

Olympia tamén nos envía o seu debuxo de Wonder e o seu coello de PAscua. Moitas grazas por compartilo con nós! Están xenial!
Se nos organizamos temos tempo para todo!
Unha aperta!