Amosando publicacións coa etiqueta collage. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta collage. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2020

MÁIS TRABALLOS

Non deixades de sorprenderme... os vosos traballos están xenial! Hoxe comparten o seu traballo con nós Andrea, Sara e Noelia, moitas grazas!!

EDUCACIÓN PLÁSTICA
Andrea fixo a réplica dun cadro. Non estamos seguras de quen o pintou, seguiremos investigando. Se alguén coñece o autor ou autora que o diga, por favor!
A técnica que utilizou foi o collage. Di que lle custou moito, e a verdade é que se tivo que esforzar, porque o resultado final está xenial, non vos parece?


Sara atreveuse cun cadro de Picasso, titulado Dos mujeres leyendo. Mirade o ben que o fixo!

  
ESCARLATINA
Estas son as portadas de Noelia e Andrea, do libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. A que teñen certo parecido?

 
Seguide compartindo os vosos traballos.
Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

Creamos?

Propóñovos un reto. Buscade un cadro que vos guste moito e intentade facer a súa réplica. Hai moitas posibilidades.

Aquí tedes un vídeo do museo Thyssen que vos di como facer un debuxo con texturas ao estilo La casa giratoria, 1921, de Paul Klee.
 

Este é un collage da pintura El Balandrito, 1909, de Joaquin Sorolla.

Este outro é un collage do cadro Jarrón con doce girasoles, 1889, de Vicent Van Gogh. 

 

Podedes escoller calquera cadro, non esquezades dicirnos o seu título, ano de creación e autor. E podedes escoller a técnica que queirades. Enviade fotos dos resultados para poder gozar das vosas obras.
Ánimo e apertas!