luns, 1 de xuño de 2020

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Esta semana faredes o voso autorretrato reciclado. Lede con atención para facer ben a actividade.

HANOCH PIVEN                
                    
Para Hanoch Piven a creatividade é mirar algo desde outro punto de vista. Este artista fai retratos de famosos empregando obxectos e materiais de refugallo. Mirade este vídeo onde explica como traballa e onde atoparedes consellos interesantes para facer o voso retrato reciclado. Está en inglés, pero podedes velo cos subtítulos activados en español, xa veredes que paga a pena. 


Despois de ver o vídeo, mirade os pasos que tedes que seguir para facer a actividade desta semana. 

1º. Recollida de material que teñas na casa e queiras reciclar ou reutilizar. Poden ser obxectos e materiais como: cartón, papel, plásticos, teas, botóns, pequenos obxectos...

2º. Elaboración da lámina a partir de cartón e debuxo do contorno do retrato que vas a realizar.

3º. Pinturas para o fondo, mellor si é témpera, rotulador ou ceras.

4º. Adhesión de obxectos para crear texturas.

5º. Cando remates fai unha pequena explicación do autorretrato realizado (materiais e técnicas empregadas, que destacarías do autorretrato, por que te representa, dificultades coas que te atopaches, como te sentiches ao facelo...).

Aquí tedes algún exemplo de retratos feitos por alumnos de 1º da ESO.


Espero que desfrutedes e o pasades ben facendo esta actividade. Estou desexando ver os vosos autoretratos, estou segura de que serán xeniais!
Apertas!

Ningún comentario: