Para rematar coas tarefas desta semana propóñovos un pequeno traballo que nos vai axudar a repasar algúns dos contidos que xa traballamos.
Antes de empezar con el, non esquezades rematar as actividades do luns. Como algunhas de vós xa me enviastes todas as tarefas desta semana rematadas, creo que o mellor é subir xa este traballo e que vos vaiades organizando. Se aínda tedes traballo atrasado, non vos preocupedes. Este podedes envialo para a próxima semana, temos tempo! TRABALLO DE REPASO
Se tedes algunha dúbida facédemo saber. Moito ánimo e moitas apertas!
Preparados para comezar a traballar? Esta semana imos dividir as tarefas en dúas partes. Aquí tedes a primeira, nuns días colgarei a segunda parte, na que teredes que facer un traballo para repasar moitas cousas que xa sabedes. No nome da materia tedes o enlace ao documento en pdf, por si vos é máis cómodo.
1. Le o texto
e resolve as actividades que se propoñen sobre el:
Fora despois
de xantar, a iso das catro, cando Laura decidira saír da súa casa, alonxarse
dos libros e dos traballos, e baixar ata o parque. E alí estaba agora, cos ollos
entrecerrados, sen pensar en nada, sentindo na cara o aire fresco e o sol
morno, que era coma un aloumiño no corpo. Así, quieta, no parque case
solitario, sentía que todo volvía a estar ben. Da súa cabeza desaparecían os
exames, e os libros, e as notas; e a discusión coa súa nai; e os problemas con
Milena; e a obsesión por Miguel. Todo estaba mellor que pola noite, cando se
apagaba a luz e parecía que de repente se acumulaban as pantasmas, as
preocupacións, os problemas...
Agustín Fernández Paz:
Rapazas, Edicións Xerais.
a) Onde ten
lugar esta historia? En que momento do día?
b) Como se sentía a
nena nese lugar?
c) Había moita xente?
d) Que datos coñecemos
sobre o tempo que ía?
2. Continúa a historia.
3. Pon unha A (voz activa) ou unha P (voz pasiva) ao lado de
cada oración:
– Laura olvidou as
súas preocupacións. ……………….
– O libro Rapazas foi
escrito por Agustín Fernández Paz. ……………….
– Laura fixo esa mañá
o exame de Inglés. ……………….
– Os problemas foron
resoltos por Laura. ……………….
– Ela leu un libro. ……………….
l Agora, transforma aquelas que estaban en voz
activa a voz pasiva.
4. Completa as seguintes palabras con b ou con v:
……urla ……arrer
camiña……a a……ó
mó……il ……urro
conser……ar
……aleiro
ser……ir mara……illa
su……director
……isneto
gra……ata gara……anzo
……eira ……ermello
5. Pasa estes textos a estilo indirecto:
·Tania
preguntou: «Onde está a miña mochila?».
·O pai
díxolle: «Ten coidado».
CIENCIAS DA NATUREZA
Ler e facer esquemas de:
- A corrente eléctrica (páx. 112)
- A corrente eléctrica e o magnetismo (páx. 112)
- Os efectos da corrente elécrrica (páx. 113)
Exercicios da páxina 113.
CIENCIAS SOCIAIS
Como xa sabedes moito dos reis e raíñas de España do século XIX, imos facer:
- Traballa coa imaxe (páx. 96) e exercicios da páxina 97.
- Exercicios da páxina 99.
INGLÉS
Ficha 1: copiar vocabulario y hacer ejercicio 2.
Ficha 2: hacerla entera usando diccionario.
Por favor, enviádeme unha foto cando os teñades feitos (clasesolpor18@gmail.com). Así podo ver como ides e se tedes dúbidas. Moito ánimo co traballo e boa semana! Unha aperta!