Amosando publicacións coa etiqueta cadros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cadros. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

MÁIS TRABALLOS

Seguimos compartindo traballos, todos eles fantásticos. 

Paula tamén combinou técnicas para facer a réplica desta obra do pintor Johannes Vermeer, La joven de la perla, tamén coñecida como Muchacha con turbante ou La Mona Lisa del norte. Paula,  quedouche xenial! 
 Meisje met de parel.jpg 

E que vos parece este debuxo de Julia? Un animal e unha paisaxe no mesmo debuxo, pero neste caso é a paisaxe a que podemos ver no animal. É un debuxo estupendo Julia, non deixes de compartir! 


Moitas grazas polos vosos traballos, así parece que todos estamaos un pouquiño máis cerca!
Unha aperta!

martes, 21 de abril de 2020

PLÁSTICA
Hoxe son Claudia, Lara e Yanira as que comparten o seu traballo con nós. 

Claudia escolleu unha paisaxe que lle gustou, feita con pastel, e fixo a súa réplica. Moitas grazas por envialo Claudia, está xenial!

 

Lara escolleu un cadro de Vincent van Gogh, A noite estrelada, pintado en 1889. Grazas por compartilo con nós Lara! Encántanos!



Lara tamén compartiu con nós o seu CIRCUÍTO e o seu debuxo de AUGUST. Moitas grazas Lara, están xenial!


E Yanira enviounos o seu debuxo de AUGUST e o seu COELLO de Pascua . Moitas grazas Yanira, encántannos!


Seguide compartindo!
Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

Creamos?

Propóñovos un reto. Buscade un cadro que vos guste moito e intentade facer a súa réplica. Hai moitas posibilidades.

Aquí tedes un vídeo do museo Thyssen que vos di como facer un debuxo con texturas ao estilo La casa giratoria, 1921, de Paul Klee.
 

Este é un collage da pintura El Balandrito, 1909, de Joaquin Sorolla.

Este outro é un collage do cadro Jarrón con doce girasoles, 1889, de Vicent Van Gogh. 

 

Podedes escoller calquera cadro, non esquezades dicirnos o seu título, ano de creación e autor. E podedes escoller a técnica que queirades. Enviade fotos dos resultados para poder gozar das vosas obras.
Ánimo e apertas!