mércores, 13 de maio de 2020

TAREFAS DE MÚSICA

Xa tedes aquí as tarefas de música para esta semana! Premede na seguinte imaxe e poderedes ver o documento da profe Antía. 


Algunhas compañeiras de clase xa lle enviaron as súas tarefas de semanas anteriores. Se tedes dificultades para adxuntar os vosos documentos ou vídeos nos correos cando os queredes enviar, invítovos a que vexades un titorial de como facelo que preparou a profe. Tédelo no seu blog, lembrade que tedes o acceso directo ao blog de música  arriba de todo, á dereita.
 


Lembrade que tedes toda a semana porque a profe Antía envía as tarefas os mércores, así que animádevos a enviarlle os vosos traballos para que vexa o moito que traballades!
Unha aperta!

Ningún comentario: