luns, 11 de maio de 2020

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Este debuxo ofrece moita información, verdade? Sabemos de quen se trata, indícanos unha das súas facetas, recórdanos a importancia do galego para este autor ou o motivo polo que estamos a falar tanto del, entre outras cousas. 

Imaxe sacada da páxina web do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Agora que sabes tanto de Ricardo Carvalho Calero, escoita as palabras que escollen no seguinte vídeo para describilo. Selecciona aquilo que máis importante che pareza e fai un debuxo do autor que represente o que queres destacar del. 

Boa semana e moito ánimo!
Unha aperta!

Ningún comentario: