Esta semana imos repasar as unidades de medida de capacidade. Ocórresevos algunha receita que aprendestes nestes días na que usedes algunha medida de capacidade ou masa? Compartídea con nós e explicádenos como facedes para que vos saia tan rica!
LENGUA CASTELLANA
Esta semana vamos a trabajar con dos tipos de texto, los descriptivos y los instructivos. Fíjate en las diferencias:
TEXTO INSTRUCTIVO
LINGUA GALEGA
Esta semana a profe Noe tráevos unha proposta que porá a proba o voso enxeño. Premede na imaxe para saber que tedes que facer. Lembrade telo feito para o venres pola mañá, así cada un de vós explicará como é o seu xogo na vídeo chamada que teremos ese día.
Para fabricar o taboleiro, as tarxetas, as fichas ou o que precisedes, podedes empregar material de refugallo. Cando teñades claro como se xoga é imprescindible que nos deixedes claras as regras do xogo. Para iso creade un novo documento no Drive (se non podedes facédeo no caderno) e escribide:
- Nome do xogo
- Número de xogadores
- Material que se necesita para xogar (taboleiro, fichas, dados, tarxetas...).
- Regras do xogo (como se xoga, quen gaña...).
CIENCIAS SOCIAIS
Esta semana imos repasar as Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas de España. Aquí tedes un documento con curiosidades que vos axudará a planificar unas divertidas vacacións polo noso país. Tédelo todo no pdf. Debaixo, e no menú lateral do blog, tedes o acceso a varias páxinas onde poderedes repasar os mapas de forma divertida.
Aquí tedes un mapa mudo para repasar as Comunidades Autónomas de España. Se non o podedes imprimir podedes facer un vós mesmos, atoparedes un mapa político de España na páxina 127 do libro de texto.
MAPAS INTERACTIVOS
CIENCIAS DA NATUREZA
Esta semana imos repasar a clasificación dos seres vivos. Busca información e fai memoria:
- En que reino se clasifican os seres vivos?
- Cales son as características principais de cada un deses reinos?
- Pon exemplos de seres vivos para cada un dos reinos.
- A que reino pertencen os virus?
Esta semana imos traballar a imaxe e a fotografía. Buscade un bo encuadre para a vosa composición e enviade as vosas fotos.
Tedes as tarefas de inglés no Blog de inglés. Non esquezades facer as desta semana e enviarllas ao correo englishbreycorner@gmail.com
Espero que teñades unha boa semana!
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario