Este será o voso último curso no cole e, aínda que non poidamos xuntarnos todos para despedirnos, estou segura de que tedes moitas cousas que dicir. Por iso vos vou pedir 4 cousas:
1. Fotos. Crecestes moito desde que empezastes no cole ata hoxe, enviade fotos que o demostren!
Ademais de enviar as vosas fotos para comprobar canto cambiastes, podedes enviar tamén fotos con algún compañeiro ou compañeira da clase.
Co paso do tempo, as aprendizaxes e as vivencias que temos cada un de nós, as cousas non sempre se ven da mesma maneira. Seguro que vós mesmos algunha vez vos sorprendestes de algo que pensabades fai tempo porque agora pensades algo completamente diferente. Compartídeo con nós, seguro que moitos estamos dacordo con eses cambios!
Xa sei que son moitos anos de cole e que teredes moreas de historias e de anécdotas que contar, pero sempre hai algunha que recordamos cun cariño especial e que, seguramente, recordaredes sempre. Contade esas anécdotas con detalle, non vos deixedes nada atrás, queremos coñecelas!
4. Desexo
Dise que os desexos son o primeiro paso para que suceda algo. Buscade un dente de león e pedide un desexo, pero non esquezades compartilo con nós.
Podedes enviar as vosas aportacións por correo ou entrar no Drive e cubrir o documento que preparei para iso, o seu nome é Cambios, anécdotas e desexos, está dentro do cartafol que se chama Profe.
Moitas grazas polo voso tempo!
Unha aperta moi forte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario