luns, 4 de maio de 2020

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Comezamos novo mes! Cada vez queda menos para que acabe o curso e tamén para poder ver á xente que botamos tanto de menos. Estades traballando moito, seguide facéndoo así de ben! 
  
Aquí vos deixo as tarefas propostas para esta semana.

MATEMÁTICAS
Esta semana imos comezar co libro dixital, así poderemos seguir repasando contidos doutros temas. Os que xa estades rexistrados e podedes acceder ao libro, podedes empezar por facer a autoavaliación do tema 8 (podedes facela directamente no ordenador), estou segura de que vos sairá xenial. 
   
Despois diso empezaremos co repaso das unidades de medida de lonxitude. Podedes ler a información da páxina 172 e facer os exercicios do 2 ao 10. Lembrádesvos da famosa escaleira que tantas veces usamos na aula? Imos volver a usala. 

Para os que non tedes libro, aquí vos deixo todo o que necesitades.
 


 

LENGUA CASTELLANA
Aquí encontrarás actividades para repasar o suxeito e o predicado. E coñecerás algún seres mitolóxicos. Cando remates estas actividades tan sinxelas, propóñoche que inventes o teu propio ser mitolóxico e fagas unha breve descrición do mesmo.

Se premes na imaxe poderás coñecer a Pegaso, le a súa descrición para coller ideas!


LINGUA GALEGA
Recordas as partes dunha noticia? E as preguntas ás que debe responder o contido? Fíxate na seguinte imaxe e fai os dous exercicios que aparecen.  
Cando teñas feitos os dous exercicios anteriores, xa estarás list@ para escribir a túa noticia. Para iso, tes que ler o cómic que atoparás en ciencias sociais e converter o texto en noticia. Segue estes pasos:

1º. Le atentamente o cómic as veces que o necesites.

2º. Contesta ás preguntas quen?, que?, cando?, onde?, como? e por que? 

3º. Redacta a noticia tendo en conta as respostas ás preguntas anteriores. Non esquezas empregar conectores e usar vocabulario variado, para non repetir sempre as mesmas palabras.

4º. Cando teñas a noticia redactada volve a lela e revisa as faltas de ortografía e os signos de puntuación.

CIENCIAS SOCIAIS
Como xa sabedes moito do que sucedeu en España no século XIX, aquí tedes unha historia que vos sonará moito! Le o cómic con atención e responde ás cuestións.

CIENCIAS DA NATUREZA 
Escoitastes falar algunha vez da carga eléctrica? Todos os corpos que ves ao teu redor teñen cargas eléctricas porque a carga eléctrica é unha propiedade da materia, como o é a masa ou o volume.

Le as páxinas 108 e 109 do libro de texto e proba a facer o experimento do bolígrafo e o pelo ou os anacos de papel, a ver que é o que ocorre! Despois de ler fai un pequeno esquema e os exercicios 1 e 2 da páxina 109. 
PLÁSTICA
Xa pensaches nun novo ser mitolóxico (fíxate nas actividades de lingua castelá para saber de que falo).
Entón xa estás preparad@ para facer o seu debuxo para que todos teñamos claro como de fantástico podería ser!

Moito ánimo coa semana!
Unha aperta.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola profe soy Andrea tengo una pequeña duda lo de matemáticas que pusiste cómo se puede hacer para hacerlo en el libro digital???
Un saludo.

profe dixo...

Ola Andrea! Hai algunhas actividades que se poden facer no libro dixital, como a de avaliación. Pero as que veñen no libro, como as que vos propuxen do 2 ao 10, non se pode, tedes que facelas no caderno. É moi parecido a como facemos sempre.
Unha aperta!