luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

MATEMÁTICAS
A semana pasada repasamos as unidades de medida de lonxitude e esta semana imos repasar as unidades de medida de masa. 






LENGUA CASTELLANA

  • Lee el siguiente texto y responde a las preguntas.




4. Escribe instrucciones de cómo jugar a algún juego tradicional que te guste mucho, como en el texto. Es importante que, en tu redacción, no especifiques en ningún momento de qué juego se trata. Así, después podemos intentar adivinar de qué juego se están dando instrucciones basándonos en los pasos especificados. (Si vas a enviar alguna foto jugando para "celebrar" los juegos populares del día de las letras gallegas, puedes escribir las instrucciones del mismo juego). 

LINGUA GALEGA
No cole queremos celebrar con vós o día das Letras Galegas e para iso precisamos da vosa axuda. Premede na seguinte imaxe, lede a información, escollede unha das tres actividades que vos propoñemos e enviádema ao correo. 


E agora, que fariades vós se non estivésemos confinados na casa e fósedes os encargados de organizar os actos no cole para homenaxear a Ricardo Carvalho?  Antes de escribir o texto, le o seguinte texto e responde ás preguntas.

Agora, collendo o texto anterior como modelo, escribe que farías ti no cole se tiveses que preparar a celebración do día das letras galegas, para iso:

1º. Fai un borrador: pensa que actividades se farían no cole, quen podería participar en cada unha delas, que día ou que días se celebrarían, o horario, o motivo desas actividades...

2º. Organiza a información en parágrafos e redacta empregando vocabulario variado para non repetir as mesmas palabras e utilizando conectores para unir as oracións.

3º. Revisa a redacción fixándote nas faltas de ortografía, os signos de puntuación, se o texto ten sentido e se entende ben o que queres dicir.

CIENCIAS SOCIAIS 
Lembras o contexto histórico no que se aprobou a primeira constitución en España? 

CIENCIAS DA NATUREZA
Para rematar co repaso da electricidade e o magnetismo imos facer os exercicios 1 e 2 da páxina 117 do libro de texto e un anuncio sobre unha máquina electrónica (se podes fai unha presentación no Drive, se non podes usar ordenador faino no caderno e envíame a foto). Aquí tes os pasos a seguir:

EDUCACIÓN PLÁSTICA
Este debuxo ofrece moita información, verdade? Sabemos de quen se trata, indícanos unha das súas facetas, recórdanos a importancia do galego para este autor ou o motivo polo que estamos a falar tanto del, entre outras cousas. 

Imaxe sacada da páxina web do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
  
Agora que sabes tanto de Ricardo Carvalho Calero, escoita as palabras que escollen no seguinte vídeo para describilo. Selecciona aquilo que máis importante che pareza e fai un debuxo do autor que represente o que queres destacar del.  
Boa semana e moito ánimo!
Unha aperta!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Soy Noelia.De mate son todos los ejercicios?

profe dixo...

¡Hola Noelia!
Son 8 ejercicios, peros si hay alguno que no entendáis no os preocupéis, me lo decís y ya lo haremos.
Los que tenéis descargado el libro digital tenéis más recursos que podéis ver y hacer en el ordenador. Cualquier duda que os surja me lo decís y lo vemos.
Un abrazo.