MATEMÁTICAS
Esta semana remataremos o repaso das unidades de medida. Facede estes exercicios e os que tedes asignados para facer de forma interactiva no libro dixital. Cando rematedes, escollede unha habitación da vosa casa, medídea e facede un plano da mesma coas medidas das paredes, como fixo Pablo coa súa clase (podedes velo na seguinte imaxe).
LENGUA CASTELLANA
Esta semana empezamos nueva lectura. LOS ESCARABAJOS VUELAN AL ATARDECER.
También está en el Drive, en la carpeta que se llama profe. La traducción tiene algún error que otro, pero creo que os gustará. Esta semana solo tenéis que leer 8 capítulos para el viernes, así me contáis vuestras opiniones.
Además, siguiendo con el repaso de los diferentes tipos de texto, esta semana vamos a ver el texto expositivo.
ANIMALES EXTRAORDINARIOS
FLORA Y FAUNA DEL DESIERTO
LINGUA GALEGA
Esta semana repasaremos as preposicións e conxuncións. También está en el Drive, en la carpeta que se llama profe. La traducción tiene algún error que otro, pero creo que os gustará. Esta semana solo tenéis que leer 8 capítulos para el viernes, así me contáis vuestras opiniones.
Además, siguiendo con el repaso de los diferentes tipos de texto, esta semana vamos a ver el texto expositivo.
ANIMALES EXTRAORDINARIOS
FLORA Y FAUNA DEL DESIERTO
LINGUA GALEGA
1. Preme no título para acceder ao documento.
2. Entra nas actividades de repaso propostas máis abaixo.
3. Fai as actividades propostas pola profe Noe utilizando diferentes preposicións e conxuncións.
Algunhas preposicións poden contraerse cos artigos e cos demostrativos:
As conxuncións son un grupo de palabras invariables que permiten relacionar entre si palabras ou oracións. Serven para unir dúas ou máis oracións, para establecer relacións de contraposición, de explicación, etc. Tamén poden expresar relacións de causa, condición, comparación, etc.
Os tres tipos de conxuncións máis habituais son:
As conxuncións copulativas, que expresan a idea de suma ou acumulación: e, mais, e mais, nin, que
As conxuncións disxuntivas, que expresan a idea de opción: ou
As conxuncións adversativas, que expresan a idea de oposición ou contraste: pero, senón, aínda que
No seguinte enlace tes actividades para repasar:
Entra no seguinte enlace para facer as tarefas que esta semana propón a profe Noe. Imos facer as dúas, a primeira con frases (unha frase por cada idea). E a segunda tarefa teredes que pensar nalgún hobbie disparatado e escribir unha pequena historia.
Para a primeira proposta ides escribir unha oración por cada idea que teñades. As oracións teñen que conter preposicións e conxuncións, así que terán que dar moita información, por exemplo: Podes utilizar dúas botellas de auga para facer pesas, aínda que non poderán estar baleiras.
Para facer a segunda actividade tes que pensar nalgún hobby ou pasatempo que non sexa moi habitual e inventar unha pequena historia. Lembra que nas dúas actividades tes que subliñar as preposicións (tamén en contraccións) e conxuncións que empregues. O venres poñémolas en común todos xuntos, seguro que se vos ocorren ideas xeniais!
Coñecedes os países que forman a Unión Europea? No seguinte documento tedes algunhas curiosidades destes países. Lédeas e facede as actividades. Para facer as fichas dos países podedes empregar o Drive.
Emprega os mapas interactivos para estudar o mapa político de Europa.
Seguimos co repaso dos seres vivos. Esta semana imos ver algunhas relacións e tipos de ecosistemas, preme para ver o documento.
Fíxate na entrada anterior.
Moito ánimo e boa semana!
Unha aperta!
2 comentarios:
HOLA PROFE , SOY CLAUDIA . ESQUE NO ME DEJA ENTRAR EN EL ENLACE DE LINGUA GALEGA . EN EL DE LAS ACTIVIDADES DE LA PROFE NOE NO EN EL DE ARRIBA
UN SALUDO
CLAUDIA
Ola Claudia! Acabo de modificalo, ademais engadín o documento, a ver se así o podes ver.
Grazas por avisar. Unha aperta!
Publicar un comentario