martes, 23 de xuño de 2020

DESPEDIDA

A profe Antía envía este vídeo para despedirse de vós. Tamén o podedes ver no seu blog de música.


Moreas de apertas!

venres, 19 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN


Agora si, xa rematou o curso e teremos máis tempo para facer as cousas que máis nos gustan. Como sei que unha desas cousas que vos encanta a moit@s é ler, déixovos unhas recomendacións para o verán. Espero que vos gusten.


Vampira de biblioteca






Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?




Caperucita en Manhattan 


Sara Allen es una niña de diez años que vive en Brooklyn, Nueva York. Su mayor deseo es ir sola a Manhattan para llevar a su abuela un tarta de fresa. La abuela de esta moderna Caperucita ha sido cantante de music-hall y se ha casado varias veces. El lobo es míster Woolf, un pastelero multimillonario que vive cerca de Central Park en un rascacielos con forma de tarta. Pero el hilo mágico de este relato se centra en miss Lunatic, una mendiga sin edad que vive de día oculta en la estatua de la Libertad y que sale de noche para mediar en las desgracias humanas o, si es necesario, llegar a regalar un elixir capaz de vencer al miedo.





Los seis libros de oro 




Vampiros que no lo son. Salvadores que, en realidad, son forajidos. Seis libros que valen su peso en oro. Y lo más valioso de todo: la amistad entre personas muy diferentes.
Vera es una niña más bien solitaria que vive con su abuelo en una casita a las afueras del pueblo. Cuando, paseando un día por el bosque, encuentra un perro negro atrapado en un cepo, no imagina que va a verse arrastrada a una aventura llena de personajes que parecen siniestros (pero no lo son), otros que no parecen siniestros (pero lo son), amistad, enigmas y, sobre todo, mucha literatura.






Para repasar matemáticas


Repaso de matemáticas


Juegos de matemáticas


Elemental querido Watson. Juegos de ortografía 


Juegos de lengua


Desfrutade do verán facendo todo o que vos gusta e cargade moito as pilas para empezar a nova etapa con ganas. Non teñades medo, os cambios asustan pero sempre gardan boas sorpresas. Farédelo xenial, igual que o fixestes ata agora no cole, onde nunca nos esqueceremos de vós! E lembrade que o mellor está por chegar.

Bo verán.
Unha aperta!

ALFOMBRAS

Sara e Claudia fixeron unhas alfombras na casa fai uns días e quixeron compartilas con nós, a que están xenial?


Moitas grazas por compartir os vosos traballos con nós!
Unha aperta!

xoves, 18 de xuño de 2020

CHEGOU O DÍA


Mañá remata este curso escolar e para vós, ademais, remata unha etapa que nunca ides esquecer. 

O curso comezou con normalidade pero a situación que vivimos a nivel mundial fixo que non rematase como todos tiñamos pensado. Vivimos unha situación descoñecida que nos fixo cambiar as nosas rutinas e deixar de facer algunhas das cousas que tiñamos planeadas. Estes tres últimos meses non os imos esquecer, pero non será o único que imos recordar. Tedes moitas historias que contar, historias que vivistes ao longo de todos estes anos e que son parte dos vosos recordos. Así que, prepara o barrete e a estola para mañá para despedir esta etapa.


Non vos quededes só cos meses finais. Esta é unha situación temporal, pronto empezaredes unha nova etapa e teredes a oportunidade de vivir moitísimas experiencias novas que vos axudarán a medrar e a ser felices.
                          O MELLOR ESTÁ POR CHEGAR

Vémonos mañá.
Unha aperta!

COMPAÑEIROS E AMIGOS DE ESCOLA

Para realizar esta tarefa terás que pensar moito nos teus compañeiros e compañeiras. Xunt@s, ademais de despedir esta etapa, vivistes e compartistes moitas historias a través das que vos fostes coñecendo. Todos tedes cualidades e características que vos fan diferentes e especiais:

DIVERTIDA                                                         FALADOR
SIMPÁTICO
            XENEROSA
      RESPONSABLE

IMPACIENTE                                                              SINCERA

Escolle tres cualidades positivas que definan a cada un dos teus compañeiros. Pensa en cada un deles e escribe esas tres cousas que a todos nos gustan tanto e que o fan tan especial.
Non esquezas apuntar as tres características para cada un deles, mañá poderemos dicirlle a todos eles o especiais que son!

Unha aperta!

mércores, 17 de xuño de 2020

TAREFA DE MÚSICA

Xa tedes no blog a última tarefa de música do curso. Non perdades máis tempo que isto chega ao final!

Preme na imaxe para ver a tarefa no blog de música ou entra desde o enlace que atoparás no documento, o que prefiras!
 



Unha aperta!

SÓ QUEDAN TRES DÍAS

En tres días celebraremos un pequeno acto de graduación para despedir este curso e a nosa etapa en primaria. Ti serás o protagonista e como tal terás que actuar. Por iso, a tarefa de hoxe consistirá en que adiques un tempo a pensar e escribir unhas palabras para adicar aos teus compañeir@s ese día. Terás que facer dúas cousas.



1º. Escribe un pequeno discurso para agradecer, recordar, felicitar... o que ti queiras. Pero terás que facernos un resumo do máis importante, así que planifica o teu discurso para que teña unha duración de 2 minutos. Xa sabes:
     - Fai un guión (esquema) co que queres dicir.
     - Organiza a información e redáctaa para que tome forma.
     - Le e cronometra para comprobar se tes que eliminar ou engadir máis información ata que consigas dicilo en 2 minutos.
     - Ensaia e ensaia ata que sexas capaz de contalo sen ler.


2º. Continúa o seguinte poema con dúas estrofas máis. O obxectivo é contar algo relacionado co teu paso por primaria de forma divertida e con rima.
1.- Benvidos a este acto
que está a punto de comezar,
a todas as nosas familias
seguro que lles ía encantar.

2.- Agora eu vou a contaros
a historia do meu colexio,
desde que era pequeniño
ata este mesmo momento.

Non te despistes coa tarefa, que xa non queda nada para o venres e todos temos moitas ganas de escoitar as túas palabras e estrofas.
Unha aperta!

martes, 16 de xuño de 2020

COMEZA A CONTA ATRÁS

Xa só quedan catro días para rematar este curso tan diferente ao que coñecemos.

Esta semana subirei unha tarefa diaria ao blog para que teñades tempo de rematar as tarefas de semanas anteriores. Serán pequenas actividades e moi sinxelas, así que espero que poñades todo da vosa parte para facelas tan ben como vós sabedes!

Comezamos coa tarefa que esta semana nos propón a profe Noe. Picade na imaxe para descubrir de que se trata, e non esquezades facer uso da vosa creatividade!
Non esperedes para enviar as vosas respostas, facédeo tan pronto como as teñades, Noe e eu estamos desexando lervos.

Despois, non esquezas cubrir a enquisa que subín onte dos vosos autorretratos. Algunhas compañeiras xa o fixeron e acertaron a maioría das obras, atréveste ti tamén?

Unha aperta!

domingo, 14 de xuño de 2020

AUTORRETRATOS

Aquí están os vosos autorretratos! Son unha marabilla, e algúns identifican moi ben ao seu dono. 

Como vedes, esta vez non teñen o nome de quen os fixo, porque así podemos comprobar se se parecen aos seus donos ou non. Fixádevos ben neles e despois cubride a enquisa que tedes ao final. A ver cal é o autorretrato con máis acertos!


   

 
   
 


Estás preparad@? Pica na seguinte imaxe e participa na enquisa!


Nun par de días direivos como van os resultados.
Unha aperta!

mércores, 10 de xuño de 2020

TAREFA DE MÚSICA

Se che gustan os retos, esta semana tes un que superar! Non perdas máis tempo, entra no blog de música e... libera a profe xaaaa!!!

Veña! Que xa estamos na recta final!
Unha aperta!