luns, 27 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Que tal vai todo por aí? Espero que coas pequenas saídas que podedes facer agora o esteades a levar mellor. Aínda que non sexa suficiente, ánimo que xa estamos máis cerca!

Esta semana é algo máis curta así que imos organizar ben o traballo que temos que facer. 

1º. Envieivos a revisión das tarefas aos que mas enviastes, mirade o correo e abride o documento co voso nome. Revisade as actividades con calma, corrixide o que sexa necesario e, se tedes dúbidas, preguntádeme o que precisedes.
Os que traballades en Drive tedes que ver as revisións no propio documento e corrixir aí mesmo o que sexa preciso.

2º. A finais da semana pasada subín ao blog un documento cun pequeno traballo para ir facendo. Se aínda non tivestes tempo, podedes empezar por facer este pequeno repaso. Aquí vos deixo o enlace para velo. Cando o teñades feito enviádemo ao correo.


3º. Empezade coas tarefas que vos propoño para esta semana.

MATEMÁTICAS
Esta semana poreime en contacto con vós para facer exercicios de matemáticas e seguir repasando.

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA
Agora que fixemos un repaso polos aparatos eléctricos e electrónicos, é o teu turno para que poñas o teu enxeño a proba. Pensa nun obxecto ou aparato que aínda estea sen inventar e que ti consideres necesario para os nosos días. Convéncenos de que de verdade sería moi útil ter algo así nas nosas vidas. Para iso:
          1. Ponlle un nome.
          2. Explica como é, que pezas o forman, como funciona e para que serve.
          3. Escribe unha noticia que comece así:
Un alumn@ do CEIP Bouza Brey, en Ponteareas, na provincia de Pontevedra, acaba de inventar un aparato revolucionario. Trátase de... 

CIENCIAS DA NATUREZA
Fai o exercicio 3 da páxina 117 e os exercicios 3 e 4 da páxina 118.

CIENCAS SOCIAIS
En España, no século XIX, produciuse  a Revolución Industrial, lembrádesvos? Isto supuxo grandes cambios na economía e na sociedade deste século.
Para repasar, podedes volver a ler a páxina 100 e contestar ás preguntas de Traballa coa imaxe.

PLÁSTICA
Xa fixeches a tarefa de lingua galega desta semana? Xa inventaches un novo obxecto e queres que todo o mundo desexe telo na súa casa? Fai o seu debuxo, como si se tratase dunha fotografía para un cartel publicitario. Non esquezas usar regra e compás e darlle cor.

INGLÉS
Estas son as tarefas de inglés para esta semana. Non esquezades enviarllas á profe Elena cando as teñades. A súa dirección de correo electrónico é: englishbreycorner@gmail.com
Moito ánimo! Esta semana temos un día máis de descanso!
Unha aperta!

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Soy Noelia.En plástica con aparato a que te refieres ?Al circuito?

profe dixo...

Ola Noelia! A verdade é que non está moi claro... agora o modifico para que quede mellor. Refírome ao aparato ou obxecto que ides que inventar en lingua galega.
Moitas grazas por avisarme! E grazas pola rapidez, así case, case, parece que estamos xunt@s no cole! 😉
Unha aperta!

Anónimo dixo...

ola profe que tal?eu ben.Quiria preguntarte cando vas poñerte en contacto con nos.
Un saludo e gran apetapara as personas que boto moto de menos
Tania

profe dixo...


"Ola! Alégrome de que esteas ben, eu tamén estou ben, aínda que xa teño ganas de saír a dar un paseíño... supoño que vos estaredes disfrutando dos vosos!
Eu xa estou en contacto con todos vós, se necesitas falar comigo ou dicirme algo podes facelo cando o necesites (por mensaxe, por correo ou no Drive), da forma que ti prefiras. Unha aperta!"

Anónimo dixo...

Soy Noelia.Profe en inglés cual es la contraseña para entrar al gmail?

profe dixo...

Ola Noelia! Contesteiche por correo.