Estades traballando moito e seguen a chegar fotos que o demostran. Hoxe temos exemplos de tres tarefas diferentes que comparten con nós vari@s compañeir@s.
EDUCACIÓN PLÁSTICA
Noelia fixo a réplica dun cadro de Graham Gercken. Está tan ben que custa diferenciar o orixinal da copia! 🙌😲
Ela mesma nos explica como o fixo, por se alguén necesita algunha idea:
"Utilicei unha rotura que son como pinceis ao pintar, tippex e alcohol, que serve para que as cores se mezclen entre elas (o alcohol móllase cun bastoncillo de algodón)."
ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Sara fixo a súa portada de Escarlatina, mirade que ben lle quedou!😵😻
COELLO DE PASCUA
David enviou o seu coello de Pascua, con felicitación incluída! 🐰😀
E vós? Xa rematastes todos as tres tarefas? Animádevos a compartilas!
Unha aperta!
2 comentarios:
As acuarelas pode ser unha testura? ANDREA
Refíreste a que si podes facelo con acuarela? Eu puxen exemplos con collage, pero podedes utlizar os materiais que queirades, incluso mezclar acuarelas nun collage.
Publicar un comentario