venres, 3 de abril de 2020

PRECEPTOS

Lembrades os preceptos do señor Browne, do libro La lección de August?

PRECEPTOS = REGRAS SOBRE COUSAS QUE SON REALMENTE IMPORTANTES

 O precepto do señor de Browne de setembro é:

CANDO POIDAS ELIXIR ENTRE TER RAZÓN OU SER AMABLE, ELIXE SER AMABLE

 Propóñovos que escribades os vosos propios preceptos no voso diario, e o significado que ese preceto ten para vós. 

Eu vou compartir o meu tamén. Estamos vivindo unha situación descoñecida para todos, pero algo que estamos aprendendo e que non debemos esquecer é:

XUNTOS PODEMOS FACER GRANDES COUSAS

Aquí tedes un vídeo que serve como exemplo, espero que vos guste!

Se queredes compartie os vosos xa sabedes, escribídeos en comentarios ou mandádemos por mail (clasesolpor18@gmail.com).

Unha aperta para todos!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

O meu precepto é : Cada día a vida dache un billete de 24h, e ti decides como o qteres pasar.

Un saudo. ANDREA

profe dixo...

Encántame o teu precepto Andrea, está xenial. Quédome con el! Grazas por compartir!

Unknown dixo...

Son Noelia. O meu precepto è:
De pasar moito tempo encerrada ,
Entendí o que vale a familia de verdade.

profe dixo...

Gústame o teu precepto Noelia. Estes días están axudando a que valoremos moitas cousas, entre elas a importancia da familia. Espero que esteas disfrutando moito destes días en familia. Unha aperta!