EDUCACIÓN PLÁSTICA
Andrea fixo a réplica dun cadro. Non estamos seguras de quen o pintou, seguiremos investigando. Se alguén coñece o autor ou autora que o diga, por favor!
A técnica que utilizou foi o collage. Di que lle custou moito, e a verdade é que se tivo que esforzar, porque o resultado final está xenial, non vos parece?
Sara atreveuse cun cadro de Picasso, titulado Dos mujeres leyendo. Mirade o ben que o fixo!
Estas son as portadas de Noelia e Andrea, do libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. A que teñen certo parecido?
Seguide compartindo os vosos traballos.
Unha aperta!
2 comentarios:
GRACIAS PROFE!! A mi madre le gusto mucho como me quedo, dice que lo va a enmarcar y lo va a poner en la pared. Jajajaja.
ANDREA
Paréceme unha idea xenial! Eu tamén o faría, lucirá moito e chamará a atención de quen o vexa, xa verás!
Publicar un comentario