É unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.
Este ano temos que celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño dúas opcións. Escollede unha delas e enviádeme o voso traballo para poder subilo ao blog. Estou segura de que saíran ideas xeniais!
1ª Opción: "Déixame que che conte"
Seguro que na túa casa hai unha morea de libros. Colle todos os que necesites e inventa unha historia utilizando os títulos dos libros seleccionados. Aquí tes un exemplo para facerte unha idea, ti podes cambiar e engadir todo o que precises.
A que hai portadas de libros que enamoran? Algúns libros teñen portadas e ilustracións tan orixinais que recordamos sempre. Busca a portada dese libro que tanto che gustou (se non o tes na casa podes buscar a imaxe da portada en internet) e intenta facer a súa réplica. Pode ser un debuxo ou unha foto, o que prefiras!
Non esquezades que no blog da biblio tedes unha morea de recomendacións lectoras dos vosos compañeiros do cole. Tamén podedes enviar as vosas recomendacións.
Estou desexando ver os vosos traballos!
Unha aperta!
2 comentarios:
Soy Noelia.En la segunda idea podemos dibujar la portada del libro con nuestro diseño propio en vez del que tiene el libro?
¡Vale! Dinos el título del libro y el autor o autora, así ponemos las dos portadas para poder compararlas.
¡Estoy deseando verla!
Publicar un comentario