xoves, 30 de abril de 2020

POESÍA

Aínda que xa podemos saír a dar un paseíño cada día, non podemos facer grandes viaxes. Menos mal que a nosa imaxinación segue a poder facelo. A onde vos gustaría ir de viaxe esta ponte, a un lugar real ou imaxinario? Estas son as propostas dalgunhas compañeiras, cóntano en forma de poesía. Viaxamos con elas?

  Las Maldivas
 
Yo quiero ir a las Maldivas
donde todos los días
iría a la playa y me echaría unas cuantas risas.
                                                
Pues yo iría todos los días a pasear
para observar el agua azul del mar,
después me sentaría en la tumbona
comiendo una tarta dulzona.

Estaría súper relajada
la verdad que esto si que agrada.
SARA

LAS MALDIVAS, OHHHHH POR DIOS!!!!


A Salamanca 
Yo iría a Salamanca  
porque es un sitio que me gusta 
mi cantante favorito vive allí
e iría a un concierto de él 
a parte tengo primos segundos allí.
YANIRA


A unas islas tropicales

Me gustaría ir a la playa
con mi amiga Sara
nos bañaríamos,
tomaríamos tanto el sol
que ella me diría:
“ Tía, tu cara”,
como voy siempre preparada
me pondría mi crema de col
y seguiría tomando el sol
muy entusiasmada.
OLYMPIA
Animádevos a viaxar e compartide as vosas viaxes con nós!

mércores, 29 de abril de 2020

MÚSICA

Como van esas tarefas de música? Tedes o enlace á paxina da profe Antía no lado esquerdo do blog, para que o teñades a man. Por se alguén de vós ten dificultades para entrar nesta páxina, a profe enviaranos todas as semanas as tarefas que tedes que facer, para que ninguén se despiste.

Ela adoita poñer as tarefas os mércores, non os luns, así que seguide atentos ás entradas do blog. Xa sabedes que todos os días hai algunha novidade!

Aquí tedes o documento coas actividades desta semana!




Unha aperta!

LIBRO DIXITAL

Para seguir repasando contidos de matemáticas, intentaremos acceder ao libro de forma dixital, así poderemos ver máis recursos.
Se recibistes a mensaxe de abalar móbil coa licencia e o código, xa podedes acceder. Fai o seguuinte:

1º. Tes que entrar na páxina web de SM. Entra como alumno e rexístrate.

2º. Agrega a licencia que atoparás na mensaxe que che enviei.

3º. Cando entres no libro de matemáticas, busca a pestana que di "Unirse al grupo" , o grupo chámase Clase Solpor, e introduce o código que tamén atoparás na mensaxe de Abalar.

                                

Escribide se tedes algunha dúbida.
Unha aperta!

martes, 28 de abril de 2020

MANUALIDADES

Seguen chegando ideas para pasar estes días de confinamento. Seguro que a tod@s vos gustan as manualidades, verdade? Pois Claudia fixo unha co seu irmán e quíxoa compartir con nós. É unha cabaza seca que eles mesmos pintaron, a que lles quedou xenial! 

Moitas grazas pola idea Claudia!

luns, 27 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Seguen chegando os vosos traballos do día do libro. Hoxe Claudia envíanos a portada dun dos seus libros preferidos, a que está moi ben? Grazas por compartilo con nós, Claudia!

Seguide enviando os vosos traballos!
Unha aperta!

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Que tal vai todo por aí? Espero que coas pequenas saídas que podedes facer agora o esteades a levar mellor. Aínda que non sexa suficiente, ánimo que xa estamos máis cerca!

Esta semana é algo máis curta así que imos organizar ben o traballo que temos que facer. 

1º. Envieivos a revisión das tarefas aos que mas enviastes, mirade o correo e abride o documento co voso nome. Revisade as actividades con calma, corrixide o que sexa necesario e, se tedes dúbidas, preguntádeme o que precisedes.
Os que traballades en Drive tedes que ver as revisións no propio documento e corrixir aí mesmo o que sexa preciso.

2º. A finais da semana pasada subín ao blog un documento cun pequeno traballo para ir facendo. Se aínda non tivestes tempo, podedes empezar por facer este pequeno repaso. Aquí vos deixo o enlace para velo. Cando o teñades feito enviádemo ao correo.


3º. Empezade coas tarefas que vos propoño para esta semana.

MATEMÁTICAS
Esta semana poreime en contacto con vós para facer exercicios de matemáticas e seguir repasando.

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA
Agora que fixemos un repaso polos aparatos eléctricos e electrónicos, é o teu turno para que poñas o teu enxeño a proba. Pensa nun obxecto ou aparato que aínda estea sen inventar e que ti consideres necesario para os nosos días. Convéncenos de que de verdade sería moi útil ter algo así nas nosas vidas. Para iso:
          1. Ponlle un nome.
          2. Explica como é, que pezas o forman, como funciona e para que serve.
          3. Escribe unha noticia que comece así:
Un alumn@ do CEIP Bouza Brey, en Ponteareas, na provincia de Pontevedra, acaba de inventar un aparato revolucionario. Trátase de... 

CIENCIAS DA NATUREZA
Fai o exercicio 3 da páxina 117 e os exercicios 3 e 4 da páxina 118.

CIENCAS SOCIAIS
En España, no século XIX, produciuse  a Revolución Industrial, lembrádesvos? Isto supuxo grandes cambios na economía e na sociedade deste século.
Para repasar, podedes volver a ler a páxina 100 e contestar ás preguntas de Traballa coa imaxe.

PLÁSTICA
Xa fixeches a tarefa de lingua galega desta semana? Xa inventaches un novo obxecto e queres que todo o mundo desexe telo na súa casa? Fai o seu debuxo, como si se tratase dunha fotografía para un cartel publicitario. Non esquezas usar regra e compás e darlle cor.

INGLÉS
Estas son as tarefas de inglés para esta semana. Non esquezades enviarllas á profe Elena cando as teñades. A súa dirección de correo electrónico é: englishbreycorner@gmail.com
Moito ánimo! Esta semana temos un día máis de descanso!
Unha aperta!

domingo, 26 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Seguides sorprendéndome! Que marabilla! 

"Un libro, unha imaxe"

Noelia e Andrea tamén vos desexan un feliz día do libro coas portadas que elas mesmas fixeron.

Noelia sorpréndenos cunha portada orixinal do libro Amigo imaxinario, de Stephen Chbosky. 

Andrea escolleu A invasión dos ladróns de retretes, de Dav Pilkey.

Déixame que che conte 

Xa temos a primeira historia contada con libros!!! 😵😀😉 Andrea cóntanos a súa historia e rétavos a que fagades o mesmo! Animádevos!
Seguide compartindo!
Unha aperta!

venres, 24 de abril de 2020

MÁIS TRABALLOS

Fai tempo que me chegaron estes traballos de Paula e pensei que xa os subira ao blog, pero como podedes ver, non o fixera!
Paula, moitas grazas por compartilos con nós. Están xenial e sería unha pena que non os puidesen ver tod@s.

No debuxo de Wonder, como podedes ver, non só aparece Auggie. Que vos parece a visión de Paula dos demais personaxes? Tamén os imaxinabades así?
E aquí tedes a súa portada de Escarlatina e o resumo que fixo do libro. Non deixedes de lelo, é un bo resumo da historia. 

Seguide compartindo os vosos traballos.
Unha aperta!

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase, dende fai 90 anos, o día do libro. Escolleuse esta data para celebralo en conmemoración polo falecemento de autores famosos como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
É unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.

Este ano temos que celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño dúas opcións. Escollede unha delas e enviádeme o voso traballo para poder subilo ao blog. Estou segura de que saíran ideas xeniais!

1ª Opción: "Déixame que che conte" 
Seguro que na túa casa hai unha morea de libros. Colle todos os que necesites e inventa unha historia utilizando os títulos dos libros seleccionados. Aquí tes un exemplo para facerte unha idea, ti podes cambiar e engadir todo o que precises. 
2ª Opción: "Un libro, unha imaxe"
A que hai portadas de libros que enamoran? Algúns libros teñen portadas e ilustracións tan orixinais que recordamos sempre. Busca a portada dese libro que tanto che gustou (se non o tes na casa podes buscar a imaxe da portada en internet) e intenta facer a súa réplica. Pode ser un debuxo ou unha foto, o que prefiras!

Non esquezades que no blog da biblio tedes unha morea de recomendacións lectoras dos vosos compañeiros do cole. Tamén podedes enviar as vosas recomendacións.
Estou desexando ver os vosos traballos!
Unha aperta!

REPASAMOS

Para rematar coas tarefas desta semana propóñovos un pequeno traballo que nos vai axudar a repasar algúns dos contidos que xa traballamos. 

Antes de empezar con el, non esquezades rematar as actividades do luns. Como algunhas de vós xa me enviastes todas as tarefas desta semana rematadas, creo que o mellor é subir xa este traballo e que vos vaiades organizando. Se aínda tedes traballo atrasado, non vos preocupedes. Este podedes envialo para a próxima semana, temos tempo!
TRABALLO DE REPASO

Se tedes algunha dúbida facédemo saber. 
Moito ánimo e moitas apertas!

NOVAS IDEAS

Xa estás fart@ de estar na casa sen saber que facer? Pois hoxe Olympia tráevos algunhas ideas que vos axudarán a pasar estes días de confinamento, que poden chegar a ser moi aburridos se non sabemos en que empregar o tempo.

O primeiro é un debuxo da paisaxe que pode ver desde o seu balcón.
O segundo é unha flor feita con papel de seda.
O terceiro é un debuxo-bodegón.
O cuarto é un anatifaz.
 

O primeiro vídeo é un debuxo máxico de Gardfield e no segundo amósanos como funciona o seu muíño de vento.

Non vos parece fantástico? Seguro que tod@s tedes ideas diferentes e igual de divertidas que estas que nos propón Olympia, así que non o penses máis e compárteas con nós!

Olympia tamén nos envía o seu debuxo de Wonder e o seu coello de PAscua. Moitas grazas por compartilo con nós! Están xenial!
Se nos organizamos temos tempo para todo!
Unha aperta!

martes, 21 de abril de 2020

PLÁSTICA
Hoxe son Claudia, Lara e Yanira as que comparten o seu traballo con nós. 

Claudia escolleu unha paisaxe que lle gustou, feita con pastel, e fixo a súa réplica. Moitas grazas por envialo Claudia, está xenial!

 

Lara escolleu un cadro de Vincent van Gogh, A noite estrelada, pintado en 1889. Grazas por compartilo con nós Lara! Encántanos!



Lara tamén compartiu con nós o seu CIRCUÍTO e o seu debuxo de AUGUST. Moitas grazas Lara, están xenial!


E Yanira enviounos o seu debuxo de AUGUST e o seu COELLO de Pascua . Moitas grazas Yanira, encántannos!


Seguide compartindo!
Unha aperta!

luns, 20 de abril de 2020

SAÚDOS DA PROFE ANTÍA

Tod@s @s profes temos moitas ganas de saber como estades e como levades este confinamento, que sabemos que é duro.
A profe Antía envíavos unha mensaxe e invítavos a que lle enviedes tamén algunha cousiña. 


Animádevos! Estamos desexando ter noticias vosas!
Unha aperta de todo o profesorado!

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Preparados para comezar a traballar?  Esta semana imos dividir as tarefas en dúas partes. Aquí tedes a primeira, nuns días colgarei a segunda parte, na que teredes que facer un traballo para repasar moitas cousas que xa sabedes.

No nome da materia tedes o enlace ao documento en pdf, por si vos é máis cómodo.

MATEMÁTICAS
Cálculo de probabilidades
La probabilidad mide la posibilidad de que un suceso ocurra.
Para calcular probabilidades: 

Si queremos expresarlo en porcentaje, solo tenemos que multiplicar el resultado por 100. 
Para practicar:

·     Para seguir repasando podéis leer la página 156 y hacer los ejercicios 27, 28, 29, 30, 31, 33, 35 y 36 del libro de texto.

·   Y de la página 159 los ejercicios del 1 al 7.
LENGUA CASTELLANA




  • Ejercicios 1 y 2 del libro de texto, página 133.

LINGUA GALEGA
COMPRENSIÓN LECTORA

1. Le o texto e resolve as actividades que se propoñen sobre el:


Fora despois de xantar, a iso das catro, cando Laura decidira saír da súa casa, alonxarse dos libros e dos traballos, e baixar ata o parque. E alí estaba agora, cos ollos entrecerrados, sen pensar en nada, sentindo na cara o aire fresco e o sol morno, que era coma un aloumiño no corpo. Así, quieta, no parque case solitario, sentía que todo volvía a estar ben. Da súa cabeza desaparecían os exames, e os libros, e as notas; e a discusión coa súa nai; e os problemas con Milena; e a obsesión por Miguel. Todo estaba mellor que pola noite, cando se apagaba a luz e parecía que de repente se acumulaban as pantasmas, as preocupacións, os problemas...
Agustín Fernández Paz: Rapazas, Edicións Xerais.


a) Onde ten lugar esta historia? En que momento do día?

b) Como se sentía a nena nese lugar?

c) Había moita xente?

d) Que datos coñecemos sobre o tempo que ía?



        2. Continúa a historia.


  3Pon unha A (voz activa) ou unha P (voz pasiva) ao lado de cada oración:

– Laura olvidou as súas preocupacións. ……………….
– O libro Rapazas foi escrito por Agustín Fernández Paz. ……………….
– Laura fixo esa mañá o exame de Inglés. ……………….
– Os problemas foron resoltos por Laura. ……………….
– Ela leu un libro. ……………….

l Agora, transforma aquelas que estaban en voz activa a voz pasiva.







     4.  Completa as seguintes palabras con b ou con v:

……urla                   ……arrer                                 camiña……a                 a……ó
mó……il                  ……urro                                 conser……ar                 ……aleiro
ser……ir                  mara……illa                                 su……director               ……isneto
gra……ata              gara……anzo                ……eira                                 ……ermello

  5Pasa estes textos a estilo indirecto:

·      Tania preguntou: «Onde está a miña mochila?».


·      O pai díxolle: «Ten coidado».

CIENCIAS DA NATUREZA
  • Ler e facer esquemas de:
                                   - A corrente eléctrica (páx. 112)
                                   - A corrente eléctrica e o magnetismo (páx. 112)
                                   - Os efectos da corrente elécrrica (páx. 113)
  • Exercicios da páxina 113. 

CIENCIAS SOCIAIS
  • Como xa sabedes moito dos reis e raíñas de España do século XIX, imos facer: 
                        - Traballa coa imaxe (páx. 96) e exercicios da páxina 97.
                                    - Exercicios da páxina 99.

INGLÉS

  • Ficha 1: copiar vocabulario y hacer ejercicio 2.
  • Ficha 2: hacerla entera usando diccionario.


Por favor, enviádeme unha foto cando os teñades feitos (clasesolpor18@gmail.com). Así podo ver como ides e se tedes dúbidas.
Moito ánimo co traballo e boa semana!
Unha aperta!

TAREFAS DESTA ÚLTIMA SEMANA

Moit@s de vós enviástesme as actividades desta semana. Deste xeito puiden ver o voso traballo e se tivestes dificultades ou non. Isto axúdame moito porque así podo saber que cousas facedes mellor e cales temos que seguir repasando. Como aínda non teño o traballo de tod@s vós, comparto as tarefas de vari@s compañeir@s para que tod@s poidades corrixir as vosas actividades.
Xa sabedes que podedes preguntar as vosas dúbidas e, por favor, enviádeme os vosos traballos para saber de vós. 

MATEMÁTICAS
 


LINGUA GALEGA

Tiñádelo ben? Pois non esquezades poñer un ben xigante!
Máis abaixo tamén tedes as tarxetas dos monarcas con toda a información.