martes, 31 de marzo de 2020

Xa chega a pascua!

Só queda unha semana para que chegue a Pascua e xa temos o primeiro coello de Pascua, aínda que este sen mensaxe. Animádevos a compartir as vosas obras, temos moitas ganas de velas!

Aquí tedes a de Mauro, está xenial! Moitas grazas por compartila con nós Mauro!


E non esquezades tamén compartir os vosos debuxos de August, este tan chulo é o de Eva. Moitas grazas Eva, está xenial!



luns, 30 de marzo de 2020

Auggie

Aquí vos deixo as primeiras imaxes que temos dos vosos debuxos. Está xenial compartilos, así podemos comprobar que non todos o vemos igual.

Andrea e Claudia, moitas grazas por compartir os vosos traballos, encántanme! 



Lembrade que podedes compartir o que queirades. Mandádemo ao mail clasesolpor18@gmail.com e subireino ao blog.

Grazas rapazas!!!



Semana do 30 de marzo ao 5 de abril

Actividades para realizar esta semana.

MATEMÁTICAS

- Repaso de gráficos estatísticos: exercicios da páxina 151.
- Media, moda, mediana e rango: páxina 152 e páxina 153.
- Para repasar os contidos deste tema podedes botarlle un ollo aos seguintes vídeos e facer estes exercicios:





LENGUA CASTELLANA

- Repaso de los tiempos verbales de las tres conjugaciones, tanto en indicativo como en subjuntivo.
- Preposiciones y conjunciones: ejercicios de las páginas 128 y 129.
- Formación y definición de nombres y adjetivos: página 130 (1 y 2) y página 131 (5, 6 y 7).
- Describe este cuadro de Goya:

 Ten en cuenta:
    • Anota los elementos del paisaje y de los personajes con dos adjetivos o características cada uno.
    • Agrúpalos y haz frases.
    • Ordena las frases, haz una introducción y un final (tu valoración personal), añade nexos y conectores.

LINGUA GALEGA

- Repasa os pronomes persoais. Cales son? Cantas formas hai? 
- Explica a colocación dos pronomes átonos e fai un cadro cos casos nos que cambia de posición. Pon un exemplo de cada un. Podes repasalos na páxina 81.
- Lectura da unidade 8 (Vén polo vento) e exercicios das páxinas 124 e 125.
- Inventa un diálogo disparatado relacionado coa primavera:
    • Recorda introducir as frases de cada personaxe cunha raia.
    • Aclara ao final da frase quen fala, sen repetir sempre o mesmo verbo (dicir, contestar, preguntar, berrar, aclarar...)
    • Fai unha ilustración.

CIENCIAS SOCIAIS

- Esta semana imos continuar descubrindo cales foron os monarcas que gobernaron en España no século XIX.
- Recordades o vídeo da semana pasada?  Volvo poñer o enlace aquí para que o volvades ver si queredes.

- Tamén teredes que ler as páxinas: 96, 97, 98 e 99 do libro de texto e así poderedes axudarme coa actividade que vos propoño no seguinte documento. Completade as tarxetas no voso caderno, quedarán xenial! Se tedes impresora e queredes imprimir, recortar e pegar as tarxetas tamén vale. 

Reis e raíñas de España do século XIX


CIENCIAS DA NATUREZA


  • EXPERIMENTO CON MAGNETISMO

Como xa tedes os circuítos eléctricos feitos, imos ver o apartado de magnetismo. Para iso propóñovos o seguinte:

   - Lectura das páxinas 110 e 111 do libro de ciencias da natureza.
   - Exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 111.
   - Realización do experimento que vos propoñen no seguinte vídeo.

Estaría xenial que fixésedes unha fotografía aos vosos experimentos (e aos vosos circuítos) e a compartísedes por Google Drive ou as enviásedes por mail (clasesolpor18@gmail,com), así poderiamos subilas ao blog.



Moito ánimo coas tarefas desta semana. Lembrade que xa queda menos e que a próxima semana poderedes descansar!

Unha aperta moi forte!

CIENCIAS SOCIAIS








domingo, 29 de marzo de 2020

Wonder. La lección de August.

Espero que esteades aproveitando os días de confinamento para ler moito! Esta é a maneira de viaxar que temos agora mesmo e axudaranos a pasar mellor os días.

Para empezar coas actividades do libro de Wonder. La lección de August, propóñovos que debuxedes a August no voso diario, a ver como vos imaxinades que será. Ademais, podedes escribir brevemente como credes que se sentiría el en todo momento.

Despois ides facer unha ficha sobre vós mesmos. Pensade ben as respostas, así poderemos coñecernos un pouco máis. As preguntas son as seguintes:

Como son eu?

    Wonder. La lección de August
  1. Son...                                                    
  2. Gústame...
  3. Non me gusta...
  4. Odio...
  5. Non me gustan as persoas...
  6. Gústame facer...
  7. Non me gusta facer...
  8. Enfádome cando...
  9. Preocúpome cando...
  10. Son o/a mellor en...
  11. Estou orgulloso/a cando...
  12. Gústame a miña mellor amiga porque...
  13. Gústame o meu mellor amigo porque...




Mandádeme unha foto dos vosos debuxos e colgareinos no blog para compartilos. Podedes subilos ao Google Drive ou mandar unha foto ao correo: clasesolpor18@gmail.com

Moito ánimo e unha aperta!!!


mércores, 25 de marzo de 2020

Día da poesía

O pasado 21 de marzo celebrouse o día da poesía. Que vos parece se incluídes no diario o poema que inventastes vós esta semana?

Ademais, propoño que poñades en marcha a vosa creatividade para continuar este poema de Antonio García Teijeiro, que aparece no libro Palabras do mar.

Unha
    mentira

     As troitas van polo mar
e as baleas, polo río.
 As sereas na montaña
   collen neve para o frío.


Esta é unha imaxe do libro, Palabras do mar, da páxina onde aparece o poema, de Antonio García Teijeiro, e a ilustración que Xosé Tomás fixo. 

Non esquezades acompañar os vosos poemas de ilustracións que estean relacionadas cos vosos poemas.

Moito ánimo, xa queda menos!

ESPAÑA NO SÉCULO XIX

Como moitos de vós estabades desexando saber máis de historia, aquí van dous vídeos que nos falan dalgúns dos feitos máis importantes en España durante o século XIX.

REINADOS EN ESPAÑA, NO SÉCULO XIX




A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL




VIII CERTAME DE RELATO CURTO


Aquí tedes o enlace á páxina do VIII certame de relato curto, por si alguén se anima a enviar o seu relato. Se entrades aquí atoparedes os requisitos de presentación e o enderezo de correo electrónico onde tedes que envialo.

Lembrade que o prazo remata o 29 de marzo!


martes, 24 de marzo de 2020

A FRAGA DOS SOÑOS

Dende a biblio do cole propoñen un reto moi chulo. 

Pásate polo seu blog e anímate a subir unha foto!


luns, 23 de marzo de 2020

Imos poñer o enxeño a proba!

Como ides co voso diario???

Para seguir con ese diario tan creativo propóñovos un reto para exercitar esas cabeciñas... a ver quen descobre cal é a solución!

Recordade que, ademais de escribir o desafío no diario, podedes compartir a solución en comentarios, a ver quen o descobre primeiro!

DUN SOLO TRAZO


Como se pode reproducir esta figura sen levantar o lapis nin pasar dúas veces polo mesmo sitio?




Semana do 23 ao 27

Actividades para realizar esta semana:

  • Matemáticas
- Exercicios da páxina 164
  • Lingua Castelá
a) Inventa un poema:
     - Terá entre seis e dez versos.
     - Os versos serán de cinco ou seis palabras.
     - Con algún tipo de rima (non todos os versos teñen que rimar).
     - Inclúe algún recurso literario dos que vimos (personificación, comparación, metáfora, repetición)
     - O tema do poema é libre, podes escribir sobre: a primavera, as flores, o campo...

b) Repaso da gramática do tema 8, palabras con b e palabras con v, e exercicios das páxinas 126 e 127.

c) Remata a lectura do libro de Wonder. La lección de August.
  • Lingua Galega
a) Inventa un conto. Utiliza o binomio fantástico: curuxa / orquestra. Ten en conta que debe ter tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace. Non esquezas separar as partes en diferentes parágrafos. Se podes escribir o conto en Google Drive, podes incluír o deseño da portada e insertar algunha imaxe ou debuxo. Se non podes usar un ordenador podes facer o mesmo no caderno, con debuxos feitos por ti.

b) Lectura do texto da unidade 7 e exercicios das páxinas 108 e 109.

c) Repaso da gramática do tema 7.
  • Ciencias da Natureza
- Crea un texto instrutivo do circuíto eléctrico que ti creaches. Tes un exemplo na páxina 116 do libro de texto. Debes incluír:
     - Material necesario.
     - Elaboración do circuíto.
     - Opinión e colaboracións (quen me axudou).
     - Esquema/bosquexo do circuíto.
  • Ciencias Sociais
- Fai o comentario de texto da páxina 104, actividades 1, 2 e 3 (individualmente).
  • Educación Plástica
- Entra no seguinte enlace para ver como se fai un coelliño de Pascua.


Despois fai o teu propio coello de Pascua, decórao e escribe unha dedicatoria. Se podes facerlle unha foto e subila ao Drive, publicarémola no blog.

Vémonos pronto!!! Unha aperta.

venres, 20 de marzo de 2020

DIARIO DE ACTIVIDADES

Botando de menos a escola? Desexando ter tarefas 

para ocupar tanto tempo libre?


Propóñovos que desde hoxe ata que volvamos á escola, vaiades facendo un diario de actividades das diferentes materias.

Prepara un caderno con folios dobrados e cartolina ou un folio de cor para a portada, a cal terás que decorar. Cando xa teñas o caderno  preparado, poderás comezar.

Empezamos con lingua castelá.
Pon a data: 20 de marzo, 2020
Entra en MUNDO PRIMARIA.
Nas pestanas superiores, entra en: adiviñanzas -adiviñanzas familia.

Escolle  unha, escríbea no teu diario e tenta encontrar a solución.
A continuación inventa ti outra. Nas dúas escribe a solución de xeito que non se vexa( do revés, tapada...)
Segue nas pestanas  superiores e entra en: refráns- refráns sobre os meses do ano e tempo metereolóxico. Colle marzo e abril, elixe un de cada mes e escríbeo.
Explica o seu significado e fai unha ilustración.
Analiza os verbos dun dos refráns(consulta o libro para poñer correctamente o tempo).
Xa tes a primeira folla do diario!

 Coidádevos moito. Unha aperta.

luns, 16 de marzo de 2020

Actividades para realizar do 16 ao 21 de marzo (6º)


MATEMÁTICAS (6ºA e 6ºC)

- Actividades das páxinas 162 e 163 (consultar temas anteriores).

LINGUA CASTELÁ (6ºA e 6ºC)

1. Escribe a entrevista que lle farías a unha persoa que admiras pola súa profesión. Esta entrevista incluirá:
    • Unha presentación da persoa: onde naceu, cando... e ademais explicar as razóns polas que a queres entrevistar.
    • As preguntas da entrevista e unha despedida agradecéndolle a súa amabilidade.
2. Elaborar unha portada para o libro:
    • O caarteiro de Bagdad. (6º A)
    • Escarlatina, a cociñeira defunta. (6º C)
3. Un resumo de dez liñas e a túa opinión sobre o libro (destacando algo que che gustou especialmente e algo que non che agradou).

LINGUA GALEGA (6ºA e 6ºC)

1. Lectura do libro:
    • O aromo do liquidámbar (6ºA)
    • Wonder. La lección de August (6º C)
2. Elaboración da ficha dun animal invertebrado, incluíndo os seguintes apartados:
    • Título
    • Nome en galego, castelán, inglés e francés
    • Identificación (descrición)
    • Especies de animais similares
    • Hábitat
    • Imaxe/Foto
3. Recolle titulares de noticias relacionadas co COVID-19, incluíndo a data. Vainas pegando para facer un seguimento.

CIENCIAS SOCIAIS (6ºA e 6ºC)

1. Esquema do arte contemporáneo e busca de imaxes representativas de edificios e cadros desa época para cada un dos diferentes estilos (consultar as páxinas 102 e 103 do libro de texto).

2. Facer unha presentación en Google Drive.

CIENCIAS DA NAUREZA (6ºA, 6ºB e 6ºC)

1. Lectura das páxinas 114 e 115 do libro de texto.

2. Construir un circuíto eléctrico seguindo as instrucións da páxina 116.



Actividades complementarias

Nos blogs das aulas hai actividades e recursos para traballar os contidos das diferentes materias:


-          (6ºA) xanelaazul.blogspot.com

-          (6ºC) solpor-belferpi.blogspot.com

       

Podedes consultar outras entradas do blog e atoparedes recursos diferentes:


- vídeo cunha explicación para facer unha lanterna na casa

- vídeo para facer un taboleiro cun circuito eléctrico

- visita interactiva ao Museo do Prado

Para os que queirades seguir traballando, a app ACADEMONS permítevos traballar todos os temas de primaria no móbil ou tablet.




domingo, 15 de marzo de 2020

Estadística e probabilidade

Actividades


Vídeos

Media, mediana, moda e rango


Como poden ser as gráficas


Como analizar unha gráfica


Como elaborar unha gráfica partindo dos datos dunha táboa

Repaso

A representación dos datos



Circuítos electricos

Aquí tedes un par de videos que vos axudarán na elaboración do voso circuíto eléctrico.

Como facer unha pequena lámpada ou lanterna

                                         
Circuíto eléctrico sinxelo

Lembrade que podedes facer o circuíto que queirades, estas son só algunhas ideas!


Guía visual do Museo do Prado

Que vos parecería ir de museos? Grazas a iniciativas como esta do Museo do Prado, estes días teremos acceso a algúns dos museos máis importantes.

Neste enlace tedes acceso ao Museo do Prado. Non vos perdades algunhas das obras comentadas, unha delas é As Meninas, de Velázquez.

Espero que vos guste!


                                                    Guía visual do Museo do Prado

Comezamos unha nova aventura!

Moi boas rapaces e rapazas!

 Espero que teñades moitas ganas de vivir esta aventura coa maior ilusión posible. Serán uns días diferentes ao que estamos acostumados pero xuntos poderemos seguir aprendendo.

 Déixovos uns enlaces a uns xogos, por si vos apetece xogar un rato!