Amosando publicacións coa etiqueta escritores galegos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritores galegos. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Xa tes feita algunha das actividades propostas para celebrar o día das Letras Galegas? Lembra que podes escoller entre tres opcións, anímate!
Aquí vos deixo o enlace para que leades un conto do homenaxeado este ano, As pitas baixo a choiva. Seguro que se vos ocorren moitas ideas para inventar un poema ou un rap sobre Ricardo Carvalho Calero. Estamos desexando ver as vosas creacións!
 

Aquí vos deixo un coñecido poema de Rosalía de Castro rapeado pola rapeira viguesa Aid. Non deixedes de lelo nin de escoitalo. 
 
Unha aperta moi forte!

luns, 11 de maio de 2020

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS


O próximo 17 de maio celebraremos o día das Letras Galegas e este ano adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Os actos de homenaxe trasladáronse ao 31 de outubro pola situación actual, pero nós non imos esperar tanto para coñecer e curiosear sobre a vida e obra deste ilustre defensor da nosa lingua. Aquí tedes un vídeo e un documento que tedes que ler para facer as actividades que vos propoñemos máis abaixo. 

Vídeo elaborado polo EDLG do colexio San Pío X de Ourense. 


E agora que sabes tanto de Ricardo Carvalho Calero, propoñémosche tres opcións para que escollas e fagas a que máis che apeteza:

1. Busca un pequeno poema que che guste e mándanos o vídeo. 

2. Inventa un poema e envíao escrito ou en vídeo. 

3. Inventa un rap en galego e compárteo con nós.


XOGOS POPULARES

Ademais, como este ano non podemos celebrar os xogos populares na escola, queremos que nos enviedes algunha foto vosa xogando na casa. Seguro que así podemos facer algo todos xuntos, aínda que sexa dunha maneira diferente.
Animádevos a enviar os vosos traballos!